14.1 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoOiaA unidade móbil de “Coidados porta a porta” estará en Oia do...

    A unidade móbil de “Coidados porta a porta” estará en Oia do 25 ao 28 de abril

    A unidade móbil do programa “Coidados porta a porta” que a Xunta de Galicia vén de poñer en marcha visitará Oia este mes de abril, ofrecendo consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación de memoria. O vehículo situarase na explanada do campo de fútbol de Oia os días 25, 26, 27 e 28 deste mes.

    Este servizo gratuíto está dirixido a persoas maiores de 55 anos. Funciona con cita previa, que pode solicitarse chamando ao teléfono 622.748.283 ou ben a través do correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal. A inscrición previa tamén pode facerse no teléfono do Concello de Oia: 986 36 21 25.

    Ademais, o día 25 ás 12.30 horas haberá unha charla na Casa Consistorial na que se explicará en que consiste a iniciativa e se poderán consultar dúbidas.

    O programa “Coidados porta a porta” inclúe tres tipos diferentes de servizos: podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria. Cada sesión concertada pode ter unha duración de ata 45 minutos. Segundo a especializade, as actuacións serán as seguintes:

    -Servizo de podoloxía con consulta básica, onde se fará unha valoración do estado xeral do pé, un corte e limpeza de unllas e se procederá a eliminación de durezas, calos e helomas.

    -Servizo de audioloxía, no que se fará unha valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.

    -Servizo de estimulación da memoria, cun profesional que realizará una valoración cognitiva e proporcionará pautas para previr e minorar posibles deterioros.

    Este programa sociosanitario achega servizos asistenciais a maiores que viven no rural co obxectivo de previr a dependencia e percorre os distintos concellos de Galicia para que as persoas usuarias poidan permanecer coidadas na súa contorna. En total, 8 autobuses visitarán máis de 300 localidades e permanecerán entre 3 e 4 días en cada municipio, atendendo con cita previa.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.