19.1 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Setembro de 2023
Máis

    Tag: miguel alves

    A Guarda e Caminha presentan as Andainas de Primavera 2022

    A Casa dos Alonso da Guarda acolleu, o martes 5 de abril, a presentación das Andainas de Primavera 2022, organizadas conxuntamente polo Concello da Guarda e a Câmara Municipal de Caminha. Esta actividade, que goza dunha ampla participación en ámbalas dúas ribeiras do Río Miño, contará con 4 rutas nesta primavera 2022 e veñen a retomar as andainas que se organizaban cada ano ata que a pandemia da COVID-19 impediu a súa celebración.

    O goberno municipal de Caminha visita O Rosal

    O Goberno da Câmara de Caminha, encabezado polo seu presidente, Miguel Alves, visitou no día de onte o Rosal onde foron recibidos polo goberno rosaleiro coa alcaldesa, Ánxela Fernández Callís ao fronte. Na xuntanza de traballo mantida polos dous gobernos locais, comezaron a establecerse os puntos en común "para vertebrar unha relación con vínculos sólidos entre ambas beiras do Miño".

    O Rosal e Caminha inician contactos para colaborar en programas lúdicos, culturais e deportivos

    A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, acompañada pola concelleira de Cultura, Sara Vicente Salcidos, mantiveron no día de hoxe unha reunión en Caminha co presidente da Câmara Municipal Miguel Alves, de cara a comezar "a tender pontes" entre ámbolos dous municipios de cara a conseguir traballar, de xeito colaborativo,...

    LIBROS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.