16.5 C
Pontevedra
Martes, 4 de Outubro de 2022
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda recupera este venres a Romaría de Santa Trega

    A Guarda recupera este venres a Romaría de Santa Trega

    O Concello da Guarda celebra este venres día 23 de setembro (festividade local) a Romaría de Santa Trega, unha festividade que se recupera este ano despois da pandemia da Covid-19, un evento de carácter relixioso e tamén festivo que congrega no Monte de Santa Trega a multitude de fieis e devotos da Virxe de Santa Trega.

    Dende primeira hora da mañá a Capela de Santa Trega acolle varias misas ás 8:00 h, 9:00 h e ás 11:30 h Sermón e Solemne Procesión.

    Tralo remate dos actos relixiosos celébranse as tradicionais poxas de produtos típicos, cunha monumental tarta que sempre agocha algún gran premio no seu interior.

    A tradición manda realizar un xantar popular, onde as familias se reúnen para almorzar, cantar e bailar ata a tardiña, onde o son das gaitas, acordeóns, pandeiretas e tamboriles acompañan a sobremesa.

    Dende o Concello da Guarda recórdase á poboación o deber de respectar o noso patrimonio, sinal de identidade do noso pobo, evitando maltratar ou acceder a zonas patrimoniais coma a Citania de Santa Trega. Unha ocupación da zona delimitada pode provocar agresións que resulten en danos nas estruturas deste espazo protexido, un dos lugares máis visitados de Galicia e cun valor patrimonial e arqueolóxico único.

    A maioría da poboación é consciente de que o xacemento castrexo do monte Santa Trega é un tesouro para A Guarda e para Galicia, e de que debemos dar unha imaxe acorde coa súa importancia e valor. Por parte do Concello e do Padroado do monte Santa Trega seguiremos traballando para concienciar a poboación no respecto polo patrimonio, lembrando que é tarefa de todos mantelo en boas condicións.

    COLABORACIÓNS

    Heterodoxos

    A editorial Galaxia vén de sacar do prelo unha nova colección que, baixo a denominación xenérica de «Heterodoxos», pretende darlle voz a autores ou obras que, polas súas peculiaridades, non teñen cabida dentro das coleccións habituais das editoriais.

    Teatro para nen@s

    Sempre fun dos que defenden a valía do teatro como asignatura en todos os niveis da educación. Polas súas evidentes compoñentes pedagóxicas e pola súa capacidade para aprender a expresarnos en público e a empatizar con outros, tan distintos de nós, merecería un espazo de honra no noso curriculo educativo. Por iso non quero deixar pasar o inicio do novo curso escolar sen facer un par de recomendacións de pezas teatrais dirixidas aos máis pequenos da casa.

    Ramón D. Veiga, «Zoom»

    En ocasións, a literatura xorde dun puro divertimento, dun simple xogo que alicerza a escrita e do que o autor ou autora se fai partícipe dende o inicio. Hai exemplos numerosos ao respecto, ás veces concibidos como simples exercicios de estilo, outras, como argalladas transgresoras coas que experimentar un xeito determinado de escribir. O que hoxe traemos a este espazo parece encaixar perfectamente nese prantexamento lúdico.

    ¡Galicia negra!

    En estos últimos días, mejor dicho ya semanas, estamos volviendo a la cruda realidad de ver a nuestra Galicia de nuevo ennegrecida por el humo y por los incendios. No es algo que nos pille de sorpresa, por desgracia ya es algo habitual desde hace muchos años aunque, este año, se ha adelantando en el tiempo, ya que lo que solía ocurrir principalmente a finales de verano, debido a la climatología de este año, ya está sucediendo en estos meses.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    69 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    40 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    4 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS