Sábado, 3 Maio de 2025

Colectivos galegos e portugueses aúnanse contra a explotación mineira da Serra d’Arga

O pasado sábado, membros do Movimento SOS Serra d’Arga e das asociacións galegas ANABAM (Asociación Naturalista do Baixo Mino), Centro Social Fuscalho e A Jalleira (Asociación Forestal e de Educación Ambiental) percorreron a Serra d’Arga a pé, visitando alguns dos lugares mais amenazados polo proxecto de explotación mineira que o goberno portugués pretende implementar.

Esta marcha, é a primeira dunha serie de accións conxuntas que desenvolverán eses colectivos durante as vindeiras semanas nas localidades fronteirizas, tendo en conta, sinalan “a sensibilización das poboacións na problemática de explotación mineira de lítio que, de avanzar, “poñería en risco os recursos naturais da rexión, nomeadamente o río Miño, acuífero común ás dúas nacións”.

Desta primeira iniciativa, xurdiu unha declaración conxunta das organizacións participantes, baixo a forma de manifesto, na que sinalan que “o norte de Portugal e Galicia son casa para dous pobos irmáns, unidos non só pola matriz da lingua senón tamén pola paisaxe, pola cultura e por un río que nos abraza e aproxima”. Continúa o manifesto sinalando a ameaza que pesa sobre o río Miño cun proxecto mineiro que o goberno portugués pretende poñer en marcha “e que vai damnificar irremediablemente o noso territorio e compromete o futuro da auga que nos é vital”.

Xuntos galeg@s e portugues@s –finalizan– non imos permitir o avence deste proxecto que non fará máis que imposibilitar o desenvolvemento sustentable da nosa rexión común”.