10.4 C
Pontevedra
Xoves, 9 de Decembro de 2021
Máis
    HomeA ParadantaCoveloCovelo consigue un 75 % de aforro enerxético cunha axuda xestionada pola...

    Covelo consigue un 75 % de aforro enerxético cunha axuda xestionada pola Deputación

    Realizáronse actuacións de eficiencia enerxética ata en doce zonas do municipio cun investimento de máis de 45.000 euros

    O concello de Covelo veu renovada parte da súa iluminación exterior grazas aos fondos FEDER xestionados pola Deputación de Pontevedra, cos que acadou un aforro enerxético de preto do 75% nos lugares nos que se realizaron as actuacións. O deputado de Cooperación, Santos Héctor, achegouse ao concello para coñecer de preto as obras, que contaron cun orzamento de 45.350 euros financiados nun 80% polo IDAE, en compañía do   alcalde do municipio, Juan Pablo Castillo, e a tenente de alcalde, Lourdes Enes.

    Grazas a estes fondos actuouse en 12 zonas do concello da comarca da Paradanta. Nelas substituíronse 156 puntos de luz nos que se empregaban luminarias de vapor de sodio por outras de tecnoloxía LED, máis respectuosa co medio ambiente e cunha duración estimada de 100.000 horas. Deste xeito pasouse de empregar luminarias cunha potencia de entre 70 e 250 W a outras cunha potencia instalada de entre 3,5 e 27,7 W.

    A institución provincial continúa así a actuar en liña en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 -cuxo sétimo fito é garantir o acceso a unha enerxía accesible, segura, sostible e moderna- ao tempo fai unha labor de concienciación social a prol de reducir a pegada de carbono na provincia.

    A Deputación xestionou estas axudas europeas para renovación de iluminación exterior diante do IDAE, que distribúe en España parte do programa operativo FEDER. Para elo acolleuse á convocatoria de subvencións para proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono. As axudas están encadradas dentro do Programa Operativo de Crecemento Sostible (POCS) para o período 2014-2020 elaborado pola Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda e Función Pública do Goberno de España. Neste marco estanse a rematar nestas datas outros dous lotes de obras de mellora da eficiencia enerxética das iluminacións públicas das Neves, O Rosal, O Porriño, Poio, A Illa de Arousa, Silleda e Moaña.

    COLABORACIÓNS

    Diego Ameixeiras, «O cervo e a sombra»

    Diego Ameixeiras tennos afeitos a un tipo de escrita moi persoal e honesta, pero sempre intensa e emocionalmente arroutada. O seu novo traballo non fai máis que afondar nesta percepción e faino a través dese mundo que habita nos arrabaldes da sociedade, un escenario xa recorrente na súa narrativa.

    Treinta otoños tiene mi amor

    Último domingo del mes y cada vez más cerca de la Navidad, aunque en Vigo ya la tenemos muy presente desde hace una semana gracias a las más de diez millones de luces led que iluminan la ciudad.

    Ponteareas deportiva

    Los núcleos más importantes de población concentran el grueso de las pruebas deportivas que se celebran a lo largo del año. Es lógico, las infraestructuras para la práctica de deporte forman parte del paisaje de grandes urbes, mientras ciudades pequeñas y pueblos tienen limitado el acceso a gimnasios, pistas, pabellones y piscinas.

    Domingo Villar, «Algúns contos completos»

    Domingo Villar é un dos escritores galegos de maior sona grazas ás súas novelas policiais protagonizadas polo inspector Leo Caldas. Pero o que agora nos presenta neste volume é unha faciana moi diferente daquela á que nos ten acostumados. Nesta entrega non hai crimes, nin intriga, nin tramas reviradas, nin atisbo algún de narración policial nin de literatura negra. Trátase dun proxecto moito máis persoal e cercano, un pequeno capricho feito á medida del e do seu círculo máis íntimo.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    14 POSTS0 COMMENTS
    Ángel Covelo
    6 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    7 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    50 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    36 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    2 POSTS0 COMMENTS