Sábado, 3 Maio de 2025

Arbo realizará obras de mellora na EDAR de Barcela subvencionadas pola Xunta de Galicia

A actuación conta con financiamento da Dirección Xeral de Administración Local da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no importe de 48.388,48 €, que se corresponde co 100 % do investimento

O Concello de Arbo, esta realizando nestas semanas o procedemento de contratación para as actuaciónS de mellora na eficiencia enerxética e reparación na EDAR de Barcela-Arbo, unha obra para a que se solicitou a colaboración da Consellería de Presidencia.

As actuacións teñen como obxecto reparar os equipos electromecánicos avariados, o que ademais implicará importantes melloras na eficiencia enerxética desta instalación ao permitir adecuar a demanda enerxética ás necesidades de depuración, ao mesmo tempo que se responderá á necesidade de atender a grave situación existente como consecuencia da avaría que sufriu a bomba de cabeceira da EDAR que afecta gravemente ao funcionamento desta planta depuradora, que evita a vertedura directa das augas residuais.

Para a realización destes traballos, o Concello de Arbo asinaba un convenio coa Dirección Xeral de Administración Local para a actuación denominada Melloras na eficiencia enerxética e reparacións na EDAR Chan Barcela-Arbo, polo que esta actuación conta con financiamento da Xunta de Galicia, no importe de 48.388,48 €, que se corresponde co 100 % do investimento

Esta planta é de fabricación do ano 2005, polo tanto, aínda o proceso de depuración segue sendo tecnoloxicamente adecuado, tanto os motores como a instrumentación de control poden mellorarse e sobre todo, obter con elo unha mellora da eficiencia enerxética, e polo tanto unha redución no gasto enerxético que a súa xestión supón.

As obras, ademais de reducir o consumo enerxético da depuradora, permitirá mellorar o proceso de depuración.