Venres, 9 Maio de 2025

A Deputación mellora os accesos da EP5002 A Cañiza – Mourentán

Cun investimento total de 127.773,12€, a Deputación de Pontevedra, institución presidida por Carmela Silva, responde con esta actuación “ao compromiso adquirido coa mobilidade amable, segura e sostible que garante a accesibilidade e a seguridade viaria”.

Esta mellora enmárcase dentro do Plan de Conservación de Firmes no ano 2021 na Cañiza, A Deputación actuou na EP-5002 A Cañiza –Mourentán, na mellora do tramo dende a nova rotonda da Ponte de Achas en dirección Mourentán ata rebasar a ponte da Autovía nun tramo de 1,2 quilómetros.

A obra consistiu na eliminación de raíces, acometida de varios drenaxes na estrada para evacuar augas pluviais, o asfaltado completo do tramo cunha nova capa de rodaxe e pintado do vial.

O Concello, en coordinación co Servizo de Mobilidade da Deputación,  aproveitou para executar traballos de adecuación dos accesos na zona dos Formigos, consistentes na colocación de tubería e formación de reixas de desagüe.