Domingo, 4 Maio de 2025

A Cañiza acolle este domingo á Clásica Álvaro Pino

Imaxe da presentación do maillot o pasado 17 de xullo

Este domingo, 3 de outubro, celebrarase a 6ª edición da Marcha Cicloturista “Clásica Álvaro Pino”. A Cañiza acollerá 30 km do percorrido, que conta cun total de 110 km, pasando polo Alto de Moncelos (Petán), pola Praza Maior (avituallamiento), Achas, Parada, Luneda (alto de montaña) e por último pola Franqueira.

A Marcha Cicloturista, con saída e meta en Ponteareas, dará comezo ás 9:00 h. Participarán un total de 400 ciclistas, que percorrerán 110 quilómetros con 2.316 metros de desnivel, pasando por 7 concellos e 3 altos de montaña: Ponteareas, Mondariz Balneario, Mondariz, Covelo, As Neves , Salvaterra e A Cañiza. Entre os participantes atópanse nomes destacados do deporte como o propio Álvaro Pino, Óscar Pereiro, Gustavo César Veloso e Borja Gómez.

No avituallamento, que terá lugar na Praza Maior da Cañiza, o alcalde Luis Piña, xunto con Álvaro Pino, entregarán aos participantes unha proba do xamón da Cañiza, o mellor abandeirado gastronómico do noso Concello.

O 17 de xullo A Franqueira xa acolleu a presentación do maillot conmemorativo da marcha

Nesta ocasión, o alcalde da Cañiza tivo a honra de acompañar ao gran ex ciclista Álvaro Pino; ao Deputado de deportes, Gorka Gómez; ao concelleiro de Ponteareas, Miguel Bouzó, e ao presidente da asociación organizadora, Pedro Alfaro. A presentación tivo lugar no alto da Franqueira, un dos altos de montaña da proba deste domingo.