Éxito na celebración do Curro do Pedroso, unha festa de forte caracter enxebre que recupera a tradición cabalar nacida no primerio domingo de agosto de 1994 da man dun cañicense de Oroso, Castor Pablo Rodríguez Pérez.
A Cañiza celebrou o pasado 4 de agosto a celebración, que comezou ben cedo, ás 7:00 horas, coa subida ao Curro na busca dos rabaños.
Durante todo do día os asistentes poideron comer, beber, facerse con lembranzas e posar en photocall e sobre todo disfrutar dos cabalos: nas montañas e no propio recinto.
Como todo curro que se preze, se sanearon os animais, colocaron os microchips e se desenvolveron “compras e vendas” entre os gandeiros. Todo isto nun ambiente amenizado con música tradicional e boa gastronomía da que deron boa conta os centos de veciños e visitantes.
Ademáis, o artista Bruxo Queiman foi o mestre de cerimonias desta nova edición. Encargado de guiar a todos os presentes por cada momento da xornada. Este curro tamén contou con outro invitado de excepción: un representante do Curro de Sabucedo que quixo apoiar coa súa presenza o noso evento.
Dende o Concello, o alcalde Luis Piña volveu a felicitar “ao grupo de homes e mulleres que forman parte da Asociación Cabalar Pedroso de Ribadil, organizadores do Curro, nesta nova edición. Felicitación extensiva tamén e ao resto dos colaboradores que fixeron posible que a xornada do domingo volvera a saldarse con doble éxito: de organización e participación”. Piña destacou “un evento que volveu a converterse nunha xuntanza de confraternidade” .
O rexedor volveu a manifestar o “apoio incondicional e compromiso de colaboración do Concello da Cañiza con este Curro, en futuras edicións, así como con todas aquelas iniciativas que se sumen aos activos turísticos da Cañiza, e que redunden en beneficio do noso Municipio”.