Martes, 6 Maio de 2025

Ultimas Noticias

A Deputación aproba as bases para distribuír medio millón de euros entre clubs náuticos da provincia

Coa finalidade de fomentar o deporte como hábitos saudable e de seguir apoiando aos clubs deportivos da provincia, a Deputación de Pontevedra vén de aprobar as bases para distribuír medio millón de euros entre clubs náuticos da provincia. En concreto, as achegas, por concorrencia competitiva, diríxense a clubs que participen en probas federadas nas modalidades de remo, vela e piragüismo.

O primeiro confinamento e peche de fronteiras provocou unha perda de facturación de 92 millóns de euros nos 26 concellos transfronteirizos

O primeiro confinamento como medida de contención da Covid-19, e o conseguinte peche de fronteiras entre o Alto Miño e Galicia, entre 17 de marzo e 30 de xuño de 2020, provocou unha perda de facturación superior a 92 millóns de euros nos 26 concellos do territorio transfronteirizo do Miño. Esta é a principal conclusión do estudo solicitado polo AECT Río Miño ao doutor en Economía da Universidade de Vigo, Xavier Covas

Galicia sitúase por debaixo dos 6.000 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.900, deles 1.890 son da área da Coruña, 591 da de Lugo, 366 da de Ourense, 842 da de Pontevedra, 945 da área de Vigo, 645 da de Santiago e 621 da de Ferrol.

Continúa a mellora pandémica en Galicia, contabilízanse 6.273 casos activos por coronaviru

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 6.273, deles 2.019 son da área da Coruña, 631 da de Lugo, 386 da de Ourense, 884 da de Pontevedra, 994 da área de Vigo, 694 da de Santiago e 665 da de Ferrol.

A Deputación pecha a III Aceleradora de Turismo con dez proxectos que amosan que “nesta provincia hai talentazo”

Broche de ouro á III Aceleradora de Turismo TurisTIC, impulsada pola Deputación de Pontevedra. “Nesta provincia hai talentazo”, xubliñou a presidenta provincial, Carmela Silva, ao citar ás autoras e autores dos dez proxectos, que cualificou de “brutais”, no demoday celebrado hoxe en Vigo para coñecer de primeira man a formación na que participaron durante tres meses, da man de SmartPeme, e a evolución destes proxectos “que serán seguro unha realidade porque o nivel é altísimo”.

Galicia sitúase por debaixo dos 7.000 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 6.772, deles 2.185 son da área da Coruña, 702 da de Lugo, 438 da de Ourense, 930 da de Pontevedra, 1.056 da área de Vigo, 742 da de Santiago e 719 da de Ferrol.

Poesía, música e o talento das máis pequenas e pequenos enchen de cor o Día de Rosalía na Sede da Deputación de Vigo

Os versos de Rosalía de Castro encheron esta tarde de maxia e poesía o Casco Vello de Vigo desde a sede da Deputación, situada moi preto dos talleres de Juan Compañel nos que se imprimiu en 1863 Cantares Gallegos. A autora galega máis universal foi homenaxeada no 184º aniversario do seu nacemento nun emotivo acto que contou coa música en directo de Uxía Senlle, a lectura por parte de Anna R. Figueiredo do manifesto da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega que recorda e enxalza á poetisa e novelista, o recitado dos seus poemas a cargo de rapazas e rapaces do CEIP Altamar, e a imaxinación e o talento artístico dos pequenos e pequenas da provincia expresados nos mil traballos presentados ao concurso de debuxo “A nosa Rosalía”.

Contabilízanse 456 casos menos activos por coronavirus en Galicia, respecto aos datos de onte

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 7.292, deles 2.351 son da área da Coruña, 748 da de Lugo, 509 da de Ourense, 983 da de Pontevedra, 1.127 da área de Vigo, 807 da de Santiago e 767 da de Ferrol.

Continúa o descenso do número de casos activos por coronavirus en Galicia, rexístranse 7.748

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 7.748, deles 2.524 son da área da Coruña, 767 da de Lugo, 552 da de Ourense, 1.036 da de Pontevedra, 1.214 da área de Vigo, 838 da de Santiago e 817 da de Ferrol.

Galicia sitúase arredor dos 8.000 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.066, deles 2.647 son da área da Coruña, 795 da de Lugo, 578 da de Ourense, 1.078 da de Pontevedra, 1.261 da área de Vigo, 869 da de Santiago e 838 da de Ferrol.

Hoxe rexíntranse 10.040 casos activos por coronavirus en Galicia

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 10.040, deles 3.262 son da área da Coruña, 942 da de Lugo, 843 da de Ourense, 1.398 da de Pontevedra, 1.452 da área de Vigo, 1.150 da de Santiago e 993 da de Ferrol.

A Xunta remata a mellora da eficiencia enerxética no IES A Sangriña da Guarda

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de rematar o proxecto de mellora e reforzo da eficiencia enerxética no IES A Sangriña, no Concello da Guarda, coa renovación da súa carpintaría exterior cun investimento de case 250.000 €. O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, acompañados polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba, visitaron as instalacións nas que se realizaron traballos que pretenden favorecer o illamento e incrementar a confortabilidade térmica.