Impulsar a industria da provincia para potenciar a recuperación económica, co desenvolvemento de proxectos conxuntos cara á captación de fondos europeos será un dos obxectivos da nova liña de colaboración que Deputación de Pontevedra e ASIME definiron hoxe en Vigo cun primeiro encontro entre ambas as dúas entidades.
Neste 12 de maio , no que se conmemora o centenario do seu falecemento, a figura de Emilia Pardo Bazán vén de quedar aínda máis ligada se cabe á provincia de Pontevedra a través da camelia que desde hoxe leva o seu nome no Castelo de Soutomaior. Nun emotivo acto, ao que asistiron a presidenta da Deputación, Carmela Silva, o alcalde, Agustín Reguera, e colectivos e asociacións de mulleres e da cultura da comarca, a institución provincial quixo render homenaxe a autora nesta efeméride.
O Parlamento de Galicia vén de aprobar a proposta conxunta de PSdeG e BNG para que a CRTVG impulse a canle ‘Xabarín’ de televisión infantil e xuvenil en galego. A proposición non de lei, que nace dunha iniciativa popular impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística, foi aprobada por unanimidade polo Pleno da Cámara.
A deputada de Novas Tecnoloxías, Ana María Mejías, visitou as tres oficinas de SmartPeme da Área, situadas en Vigo, O Porriño e Ponteareas, e constatou os datos dun avance que cualificou como “espectacular”. Durante a visita á oficina de SmartPeme en Ponteareas, que contou coa asistencia da alcaldesa en funcións, Cristina Fernández, revelouse que rexistrou un total de 740 asistentes (un 421 % máis) aos 30 obradoiros que organizou durante 2020 cun crecemento porcentual que é o maior da área.
A Deputación de Pontevedra dá o pistoletazo de saída ao programa “DepoRúARTE” con iniciativas para loitar contra o cambio climático en ata cinco centros educativos da provincia.
Cando as mulleres denuncian comportamentos nos que non se conta coa metade da poboación e co seu talento non queda outra que rectificar. Desta forma, a Deputación de Pontevedra analizou nas últimas horas a “obrigada marcha atrás” da Xunta de Galicia, cuxo presidente, Núñez Feijoo, tivo que anunciar que finalmente haberá mulleres no Consello de Administración da nova sociedade creada para impulsar proxectos estratéxicos no marco dos Fondos Europeos Next Generation.
Maximina Rodríguez Fernández, psicóloga de Afaga Alzheimer, participará cunha exposición titulada "Adaptacións na atención ás persoas con enfermidade de Alzheimer na pandemia covid-19", iniciando o primeiro seminario web dunha serie de formación "Aliados no Alzheimer" organizada pola Confederación Española de Alzheimer (CEAFA) e Nutricia, a división especializada en nutrición do grupo Danone Specialized Nutrition.
A Asociación de Desenvolvemento Rural (GDR) do Condado Paradanta continúa traballando no seu propósito de impulsar accións que axuden á posta en valor dos recursos da comarca, que potencien os negocios do territorio e que promovan sinerxías entre persoas. Neste marco, unha das funcións do GDR é a de xestión de fondos, a través do Programa LEADER, orientados ao desenvolvemento socioeconómico da contorna e, neste senso, informa da apertura de convocatoria de axudas do fondo Leader 21-22, para a cal permanece aberto o prazo ata o día 3 de xuño.
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana catro novas accións formativas online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática.
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, defendeu onte que a Xunta "ten que actuar para favorecer a reactivación económica de Galicia cando comezamos a camiñar cara á nova normalidade". Así, o líder socialista reclamou ao Goberno galego a posta en marcha “dun plan de reapertura dos pequenos negocios que tiveron que pechar por mor da pandemia”.
Cun chamamento “para contribuír todas e todos” ao crecemento dunha Europa máis igualitaria, ecolóxica, cohesionada e dixitalizada “como o mellor instrumento para saír máis fortes desta crise”, a Deputación de Pontevedra conmemorou esta fin de semana o Día de Europa, que se celebrou este domingo 9 de maio, aniversario da histórica declaración de 1950 de Robert Schuman considerada o xerme da Unión Europea.
A Xunta de Galicia destina un orzamento de 40.000€ ás axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do Programa comunitario Erasmus+ para o alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia que participa neste programa de mobilidade no curso 2020/2021.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.