Acción, compromiso, talento, actitude, implicación, unión e forza. Baixo estas premisas e co obxectivo de poñer en valor as redes de mulleres, “imprescindibles para avanzar”, desenvolveuse hoxe o III Networking empresarial de Empresarias de Galicia co título 'As empresarias actuando dende a unión', no que participou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.
Os libros volven saír a rúa na provincia de Pontevedra nas catro feiras que desde este vindeiro xoves e ata mediados de xullo celebraranse nos concellos do Porriño, Redondela, Vigo e Ponteareas. A Deputación, no marco do seu firme respaldo ao sector cultural, vai estar presente nestas catro mostras que, impulsadas pola Federación de Librarías de Galicia, teñen como principais obxectivos fomentar o hábito da lectura, dar visibilidade a autoras e autores da nosa escrita, promover o uso da lingua galega, e dinamizar o mercado editorial.
Os impactos económicos do cambio climático e a saúde será o tema central en torno ao que xirará unha nova conferencia do II Ciclo “Aida Fernández Ríos”, organizado pola Deputación e a Real Academia Galega de Ciencias, que se levará a cabo este xoves ás 19.00 horas e discorrerá de xeito semipresencial na sede provincial en Vigo.
Co obxectivo de optimizar a competitividade e a eficiencia do comercio da provincia de Pontevedra, a Deputación vén de poñer en marcha a segunda edición da aceleradora que permitirá a este sector mirar cara o futuro mediante a incorporación de novas tecnoloxías vinculadas ás actividades clave de cada negocio. En palabras da presidenta provincial esta iniciativa, que se desenvolverá entre o 15 de xuño e o 15 de outubro, lévase a cabo porque “é fundamental dar un pulo máis potente ás PEMES de cara á dixitalización”.
Máis de 1.000 persoas poderán gozar este verán das visitas caracterizadas e teatralizadas ao Castelo de Soutomaior, así o explicou a presidenta Carmela Silva na presentación destas actividades que arrancan este domingo, 30 de maio, e estenderanse ata setembro.
O auditorio da Fortaleza de Goián en Tomiño acollerá este sábado un grande evento para a presentación institucional do Parque da Amizade e da nova ponte peonil que unirá Tomiño e Cerveira. Ao acto asistirán diferentes autoridades estatais, autonómicas e locais tanto españolas como portuguesas, ás que se lles dará a coñecer a singularidade do que será un dos primeiros centros de lecer transfronteirizos de Europa e o primeiro Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal como un espazo verdadeiramente europeo sen fronteiras.
Vinte persoas participan desde este luns 24 na sede provincial de Vigo no primeiro dos tres cursos de español para persoas inmigrantes que organiza neste 2021 a Deputación de Pontevedra en colaboración coa Universidade de Vigo.
A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, lanza un novo aviso fitosanitario no que segue a recomendar a vixilancia intensa das viñas debido ás condicións favorables para o desenvolvemento do mildio
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana cinco novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática.
ReacPon xa está en marcha. O goberno provincial presentou onte as bases para poñer a circular 20 millóns de euros nos concellos de menos de 50.000 habitantes, o ambicioso investimento público que a Deputación de Pontevedra destina cara á reactivación na provincia na etapa postCovid.
A Xunta de Galicia abre o prazo para que as familias soliciten a súa participación no Fondo Solidario de Libros de Texto, ou ben as axudas para a adquisición de libros de texto, e de vales para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos, para o vindeiro curso escolar 2021/22.
Tralos 14 premios internacionais que acadou o vídeo promocional da campaña 2019 da Deputación ‘Fame de Experiencias?’, agora o audiovisual de 2020 ‘Sigue o teu instinto’ comeza a súa andaina polos circuítos de premios turísticos “transitando polo mesmo camiño de recoñecemento”.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.