Luns, 7 Xullo de 2025

É Noticia

Areeiro destaca o descenso do mildio e recomenda que non cese a vixilancia da botrite

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar o pasado venres un novo aviso fitosanitario no que destaca que os acios das viñas están xa no pintado, polo que a excepción dos rebuscos, xa non son sensibles ao mildio. Malia a elevada pluviometría desta campaña, o persoal da EFA non detectou novos síntomas nas súas parcelas de seguimento, salvo nas plantas testemuña. Así, considerando as previsións meteorolóxicas que anuncian tempo seco, a Estación estima que non é preciso renovar as intervencións.

Carmela Silva, madrina da promoción de ADE da USC

A presidenta da Deputación non puido agochar a súa emoción ao recibir no Pazo Provincial a Guillermo Meijón, representante do alumnado da última promoción de Administración e Dirección de Empresas da USC (2017-2021) que a nomeu como madriña.

Gonzalo Caballero critica a “irrisoria” rebaixa das peaxes autonómicas que só beneficia ás familias numerosas

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, vén de criticar a “insuficiente” e “irrisoria” rebaixa das peaxes autonómicas nas autoestradas AG-55 e AG-57, xa que “só beneficia a familias numerosas”, o que supón que “exclúe á meirande parte da poboación galega”.

A Xunta axusta os aforos da hostalaría para controlar a COVID-19

A Xunta de Galicia está á espera da resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) e seguindo o seu criterio, os certificados deixan de ser esixibles para o control da transmisión nos interiores da hostalería e do lecer nocturno en función do nivel do concello.

Carmela Silva esixe a Feijóo “solucións inmediatas” ao peche de sucursais bancarias no rural

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, esixiu hoxe ao presidente da Xunta a buscar solucións inmediatas ao peche continuado de sucursais bancarias nos concellos do rural galego ao considerarlle “o responsable do que está a pasar, unha desfeita que deixa a boa parte da veciñanza sen un servizo indispensable para a súa vida cotiá“.

A provincia de Pontevedra amosa o seu agradecemento ás e aos olímpicos. “Sodes o mellor que temos na sociedade”

O Palacete das Mendoza engalanouse hoxe por todo o alto para amosar o agradecemento ás e aos deportistas da provincia de Pontevedra que participaron nos Xogos Olímpicos de Tokio. E foi precisamente esta palabra, gracias, a máis escoitada nos xardíns deste emblemático edificio. As e os olímpicos foron achegándose ao lugar no medio da expectación das e dos viandantes en Pontevedra, que viron como a presidenta provincial, Carmela Silva, acompañada do deputado de deportes, Gorka Gómez, recibíanos cheos de emoción.

Tui desfruta xa das renovadas áreas recreativas de Bornetas e da Gándara financiadas con 190.000 euros do Plan Concellos

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, inauguraron na tarde do xoves 12 de agosto as áreas recreativas de Bornetas e da Gándara financiadas con preto de 190.000 € do Plan Concellos da institución provincial. As dúas remodeladas áreas recreativas forman parte dun proxecto máis amplo que o goberno local ten en marcha para mellorar as zonas de ocio da infancia e crear espazos biosaudables para o público adulto.

A Deputación lanza a nova edición dos ‘Rías Baixas Film Fest’, “a grande referencia no audiovisual”

A Deputación de Pontevedra deu o “pistoletazo” de saída a unha nova edición dos Rías Baixas Film Fest que, entre setembro e decembro, situarán á provincia “como a grande referencia no audiovisual”. A presidenta Carmela Silva, xunto a Suso Novás, codirector de Novos Cinemas de Pontevedra, e Teresa Barberena, codirectora do Festival de Cine Inclusivo de Vigo, deron a coñecer as novidades deste ano, acompañados de representantes de todos os festivais que integran a marca e de integrantes dos gobernos locais de Porriño, Vigo, Bueu, Tui, Vilagarcía e Pontevedra.

O Museo de Pontevedra acolle un concerto de violín que repasa os mellores temas do pop

O Museo de Pontevedra acollerá o vindeiro xoves día 19 un concerto de violín na praza do edificio Castelao a cargo do violinista Antonio Seijo e o seu grupo Skylight. Alí interpretaranse os mellores temas do pop de todos os tempos como Sway, The show must go on ou I will survive dentro do espectáculo ‘Dolce Vita Tour’. As prazas son limitadas polo que as persoas interesadas deberán reservar praza de maneira previa a través do correo [email protected].

Incrementa en COGAMI a demanda de solicitudes de apoio para tramitar xestións na Administración

A área de Promoción da Autonomía Persoal de COGAMI presenta un balanzo sobre os servizos prestados a persoas con discapacidade e familias durante os sete primeiros meses do ano. Dende que inicio esta situación de pandemia, coa consecuente saturación de demandas nos Servizos Sociais Comunitarios, as persoas con discapacidade e familias incrementaron a súa asistencia a COGAMI demandando apoios como o acompañamento para realizar xestións de recursos na Administración.

‘Depoauga’ segue batendo récords e esgota en menos dunha hora as prazas para a saída polo miño ao seu paso polas Neves

Despois de que este pasado domingo se estreara por todo o alto 'Depoauga' no concello da Cañiza, hoxe abriuse o prazo de inscrición para a segunda das súas actividades con tal aceptación que fixo que en menos dunha hora se esgotaran todas as prazas para percorrer o río Miño ao seu paso polo concello das Neves.

O ACTE crea un ‘Anel Verde’ de 180 quilómetros de sendeiros continuos arredor do río Miño

O AECT Rio Minho quere potenciar o Río Miño como destino de natureza e para iso vai lanzar unha nova iniciativa: identificar os sendeiros que existen arredor da conca fluvial e unilos para crear un ‘Anel Verde’ con 180 quilómetros de rutas continuas accesibles a pé e en bicicleta. A información sobre o ‘Anel Verde’, coas características de todos os treitos, será subida a Wikiloc e dinfundirase para dalo a coñecer entre o público que busca destinos relacionados co ecoturismo, a aventura e o patrimonio.