Os campamentos de Depo Aventura A Lanzada reunirán na súa cuarta quenda a partir deste domingo 16 de xullo a 140 nenos dun total de 35 concellos da provincia. Ao longo de seis días desenvolverán múltiples actividades lúdicas e formativas para o seu enriquecemento persoal e tamén de coñecemento de lugares fóra da contorna habitual.
A Estación Fitopatolóxica Areeiro da Deputación de Pontevedra advirte da necesidade de continuar aplicando tratamentos na zona sur da provincia para reducir a poboación de Scaphoideus titanus, o cicadelido vector da flavescencia dourada dado o número de adultos recollidos nas trampas.
Esta fin de semana o programa “Bosques terapéuticos”, co que a Deputación de Pontevedra promove actividades baseadas na terapia oriental shinrin yoku (baño de bosque), chega á parroquia viguesa de Bembrive e a Pazos, en Silleda.
O programa provincial Depo Auga, co que a Deputación de Pontevedra oferta actividades de pádel surf e caiac en contornas de ríos e rías da provincia, chega esta fin de semana ao concello de Vilaboa, onde se desenvolverá os días 15 e 16 de xullo na desembocadura do río Verdugo e as Salinas do Ulló.
O xurado do certame de Artes Plásticas Novos Valores do Museo de Pontevedra elixiu esta semana as obras gañadoras da edición de 2023: son as obras ‘1851-1888 – 1900’ (técnicas pictóricas mixtas en impresión reactiva sobre twill de seda), de Sandra Barreiro Parquiña; ‘Estados intermedios Estados residuales’ (técnica mixta, acumulación, instalación, performance), de Antía Iglesias Fernández; ‘Canto custa unha imaxe?’ (videoensaio), de Andrés Sanjurjo García; ‘Percorrer, atravesar, andar’ (escultura feita con bidón metálico, colchas e alfombra), de Lucía Perdiz Dávila.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, reuníuse esta mañá co presidente da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, Iker Sertucha; e o responsable de Accesibilidade deste colectivo, Miguel Dorado; para abordar a actualización e ampliación da plataforma pola que as persoas xordas poden comunicarse de maneira áxil e segura cos sanitarios dos servizos de urxencias.
Primeiro acto oficial como presidente da Deputación para Luis López, que acaba de participar na presentación da nova edición de PortAmérica xunto ao alcalde de Portas, Ricardo Martínez, ao director xeral da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles e representantes do ámbito privado como Juan Martínez Inchausti, responsable de patrocinios musicais de Estrella Galicia, e do sector cultural como Kin Martínez Silva, director do festival e de Esmerarte.
A igrexa do Convento de Santa Clara será este ano a sede das Noites de Música Antiga, o ciclo musical que cada verán organiza o Museo de Pontevedra. As dúas actuacións programadas nesta XIV edición son as de Resonet o venres 14 de xullo e de Ars Nova o venres 28 do mesmo mes, ambas ás 20:00 h.
Este martes 11 de xullo, ás 8 da mañá, abrirase o prazo de matriculación para o último dos obradoiros da Escola de Letras da Deputación e a Editorial Galaxia deste ano, que impartirá entre os meses de setembro e outubro Diego Giráldez no Edificio Administrativo da institución provincial en Pontevedra.
Os concertos de Castrelos non decepcionan, así se demostra co cartel de concertos que presentou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, este ano. O sábado acudiron miles de persoas coa intención de disfrutar da boa música.
Nova etapa para a Deputación de Pontevedra con Luis López como presidente. O Salón de Plenos do Pazo, totalmente ateigado de público, vén de acoller a sesión constitutiva da Corporación Provincial nun acto no que as/os 27 deputadas/os electas/os xuraron e prometeron os seus cargos e quedou fixado o equipo que se encargará de rexer o rumbo da provincia nos vindeiros catro anos.
O portavoz de deportes do Grupo Socialista, Julio Torrado, reprochou hoxe á Xunta que se apropie do éxito logrado polos deportistas, clubes e federacións galegas que “non adestran en San Caetano” e considera que obteñen estes grandes resultados a pesar da falta de apoio por parte do goberno do PP.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.