Xoves, 19 Xuño de 2025

É Noticia

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño avanza no seu Plan de Sostibilidade Turística en Destino PSTD

As alcaldesas, alcaldes e representantes dos catorce concellos que forman parte do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño déronse cita hoxe no Salón de plenos do Concello de Tomiño. O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño acadou unha subvención de fondos europeos por valor de 1,5 millóns de euros ao abeiro da convocatoria extraordinaria do ano 2022 de Plans de Sostibilidade Turística en Destino PSTD, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España e do Fondo Next Genertion EU.

A rapazada de 31 concellos desfrutarán na Lanzada da sexta quenda dos campamentos de Depo Aventura

Os campamentos de “Depo Aventura” A Lanzada chega ao seu ecuador coa sexta quenda do programa, na que participarán a partir deste domingo 30 de xullo 140 nenas e nenos dun total de 31 concellos da provincia. Ao longo de seis días desenvolverán múltiples actividades lúdicas e formativas para o seu enriquecemento persoal e tamén de coñecemento de lugares fóra da contorna habitual. Neste verán e ata o 9 de setembro, serán en total 1.540 menores de 58 concellos da provincia os que participen nas once quendas en que se dividen os campamentos.

O Delegado do Goberno en Galicia reitera que “para este Goberno non hai límite de medios na resposta diante dun incendio forestal”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, reiterou onte que “para este Goberno non hai límite de medios na resposta diante dun incendio forestal en Galicia”. E lembrou o apoio estatal ao dispositivo de prevención e extinción de incendios forestais de Galicia, coa dispoñibilidade de preto de 4.000 efectivos e 10 medios aéreos, ademais doutros equipos especializados de vixilancia e investigación e distintos sistemas aéreos non tripulados.

Alejandro Sanz fai pequeno o auditorio de Castelos

Cando pasado o tempo fálese do acontecido ao longo do 2023 o concerto de Alejandro Sanz, nunha máxica noite de verán, nos virá a memoria. Moitos poderán dicir: "eu estiven alí", nun Castrelos que, esta vez máis que nunca, quedou pequeno, moi pequeno para un artista que ten a virtude de 'encher o escenario' por máis grande que este sexa.

A figura de María Vinyals protagonista no Castelo de Soutomaior

A figura da aristócrata María Vinyals, que naceu e viviu longas temporadas no castelo de Soutomaior, foi protagonista este mércores do programa provincial Aquí faltan páxinas, un ciclo de relatos sonoros e conferencias que nace da colaboración da Deputación de Pontevedra con O Cable Inglés para dar a coñecer a traxectoria de mulleres galegas extraordinarias.

Ars Longa cerrará as “Noites de Música Antiga” este venres en Santa Clara

A igrexa do Convento de Santa Clara acolle este venres 28 de xullo ás 20:00 h o segundo concerto das Noites de Música Antiga, que cada verán organiza o Museo de Pontevedra. Ars Longa será a formación encargada de clausurar a XIV edición do ciclo con “Tesouros de América”.

As Depo Andainas chegan este domingo á ruta da auga de Silleda

A segunda das catro Depo Andainas programadas este ano pola Deputación de Pontevedra, desenvolverase este domingo 23 de xullo por paraxes do concello de Silleda.

Areeiro aconsella continuar coa vixilancia da viña ante o mildio, oídio e botrite

A Estación Fitopatolóxica Areeiro aconsella continuar a vixilancia da viña ante o mildio, oídio e botrite. O centro dependente da Deputación de Pontevedra advirte da importancia de aplicar tratamento debido ao aumento do oídio e tamén preparados antimildio naquelas viñas nas que, polo desenvolvemento da vexetación, non chegaron os tratamentos.

Os “Bosques Terapéuticos” percorren esta fin de semana a illa de Tambo e a Ruta da Pedra e da Auga

O programa “Bosques Terapéuticos”, co que a Deputación de Pontevedra está a promover actividades baseadas na terapia oriental shinrin yoku ou “baño de bosque”, chega esta fin de semana aos concellos de Poio e Meis con dúas novas rutas nas que se mestura natureza, cultura, historia e saúde.

Areeiro informa da necesidade de tratar os viñedos ante a expansión da flavescencia dourada

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA) da Deputación de Pontevedra alerta da necesidade de tratar os viñedos do sur da provincia para evitar a expansión da flavescencia dourada.

David Bisbal enloquece ao público de Castrelos

Catro anos máis tarde, David Bisbal volve a conseguilo, con todas as entradas vendidas para a platea e a grada a encher, deu un recital inolvidable.

Éxito da primeira poxa pública de gando vacún da Finca Mouriscade

Éxito da primeira poxa pública de gando vacún da Finca Mouriscade que acaba de celebrarse nestas instalacións da Deputación de Pontevedra e na que participaron 22 empresas da provincia e doutros puntos de Galicia.