Xoves, 19 Xuño de 2025

É Noticia

Galicia conta xa con 224 areais libres de tabaco

“A Rede Galega de Praias sen Fume conta xa con 224 areais libres de tabaco, logo de incluír 10 máis”. Dita rede, que ten un fin educativo e de sensibilización social, remarca a importancia da conduta da poboación adulta coa idea de que sirva de modelo para os máis novos.

Areeiro aconsella vixilar a botrite ata a vendima

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar o último aviso fitosanitario previo á vendima no que, en liñas xerais, alude ao bo estado xeral das viñas, aínda que recomenda manter a vixilancia ante a botrite e advirte tamén da aparición masiva de acios afectados por golpe de calor.

A Xunta contratará coidadores de gando como medida de prevención ante os ataques do lobo

O Goberno galego destina 370.000 euros á contratación de persoas coidadoras de gando como medida de prevención ante os ataques do lobo, segundo dixo a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo.

Case 2.500 persoas participarán no programa “Depotermal”

Case 2.500 persoas da provincia desfrutarán este ano de “Depotermal”, o programa de termalismo social da Deputación de Pontevedra. Como destacou en rolda de prensa o presidente provincial, Luis López, “facilita o acceso a actividades de ocio saudable e envellecemento activo en balnearios, talasos ou spas da provincia”.

A Xunta renova 58 ecógrafos en xinecoloxía e obstetricia

A Xunta de Galicia está nestes momentos a instalar un total de 58 novos equipos de ecografía nos servizos de xinecoloxía e obstetricia das sete áreas sanitarias galegas.

Música e teatro este xoves no Castelo de Soutomaior

O grupo de música infantil Mamá Cabra protagoniza este xoves 10 de agosto no Castelo de Soutomaior a nova proposta do ciclo da Deputación de Pontevedra “Tras as Ameas”.

A Deputación de Pontevedra reparte as áreas de goberno

“Hoxe é o inicio da nosa andaina como goberno provincial”. O presidente Luis López deu conta do reparto das áreas do novo goberno da Deputación de Pontevedra, composto por “un equipo que vén de sitios distintos pero que estamos unidos por Pontevedra”.

Areeiro recomenda aplicar un tratamento contra a botrite despois das infeccións

Ante as infeccións por botrite detectadas nesta semana, consecuencia do estado fenolóxico da uva (moi próxima á maduración) e as choivas que se rexistraron recentemente, a Estación Fitopatolóxica Areeiro acaba de lanzar un novo aviso fitosanitario no que aconsella tratar as viñas nas que non se tivese realizado ningunha aplicación con anterioridade.

A Deputación de Pontevedra saca a poxa a colleita dos viñedos do Castelo de Soutomaior

A Deputación de Pontevedra saca a poxa pública a colleita e explotación da uva albariña e doutras variedades brancas dos viñedos situados na finca do Castelo de Soutomaior.

O espectáculo ‘Silforiña’ chega este martes ao castelo do Sobroso dentro do programa da Deputación «Tras as ameas»

Música e narración envolverán o Castelo de Sobroso este martes 1 de agosto co espectáculo Silforiña, de Golfiños, un concerto cheo de emocións para maiores de 3 anos que se enmarca no programa provincial Tras as Ameas, co que a Deputación de Pontevedra está a encher de cultura os castelos de Soutomaior e Sobroso este verán. A actuación comezará ás 19:00 horas e nela o grupo, formado por Elena Paz Alonso, Jesús Moares Lameiro e Javier Ricardo Álvarez Fernández, contan a historia de Silforiña, unha nena que mira a vida a través da súa ventá.

Setenta mulleres de catro concellos da provincia comezan esta semana as accións formativas do programa «Conectadas» da Deputación

O programa da Deputación de Pontevedra “Conectadas” continúa esta semana con novas accións formativas que comezan en Cambados, Cangas, Lalín e Ponte Caldelas para un total de 70 mulleres. O programa, que arrancou a pasada semana en Rodeiro, ten como obxectivo promover a participación e a formación de máis de 4.000 mulleres de 53 concellos da provincia a través de diferentes actividades.

A Deputación aproba unha batería de axudas a entidades deportivas por valor de 800.000 euros

“O deporte –asegurou o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López– será un auténtico piar estratéxico deste mandato e contará co respaldo do Goberno provincial”. Deste xeito, a Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha batería de axudas a entidades deportivas por valor de 800.000 euros.