Martes, 1 Xullo de 2025

É Noticia

Preto de 9.400 persoas visitaron xa os castelos do Sobroso e Soutomaior neste verán

Ata o de agora xa son preto de 9.400 as persoas que percorreron os castelos de Sobroso e Soutomaior este verán. Deste xeito, estes recintos históricos, consolídanse como eixes de atracción de visitantes trala aposta da Deputación de Pontevedra por convertelos, mediante protocolos específicos, en espazos seguros fronte á covid-19. Amais, o Goberno de Carmela Silva está a impulsar este verán actividades 'a medida' como 'Re-Acción nos castelos' ou rutas como a dos viñedos de Soutomaior, que rexistran o 'cheo completo' en canto abren os prazos de inscrición.

A Xunta facilita ao sector do viño unha aplicación para poder levar os seus rexistros de xeito telemático

A Xunta facilita ao sector do viño a posibilidade de levar os seus rexistros de xeito telemático mediante a aplicación informática Acios (Aplicación Contabilidade Integral Oficial), á que se pode acceder a través da Oficina Virtual de Medio Rural. Con esta ferramenta voluntaria que se pode solicitar en calquera momento contribúese, ademais, ao cumprimento da normativa europea, que establece que as persoas que manexen produtos deste eido teñen a obriga de levar rexistros, entre outros, das súas entradas e saídas.

Esgotadas en 48 horas as prazas para participar na ruta ‘Os viñedos do Castelo’

Gran acollida á iniciativa da Deputación de Pontevedra 'Os viñedos do Castelo'. En só 48 horas dende a apertura do prazo de inscrición, esgotáronse as prazas para participar nesta novidosa ruta, que combina historia cun percorrido polos viñedos, unha cata e un espectáculo teatral. Deste xeito, esta primeira edición da actividade terá o seu aforo completo nas distintas sesións que se celebrarán os días 20, 21, 27 e 28 de agosto e tan só queda unha soa praza para a cita do 3 de setembro ás 19 horas.

Tui, un dos beneficiarios das axudas da Xunta para recuperar as Áreas de Rehabilitación Integral

A Xunta de Galicia financiará con preto de 2,7 millóns de euros as Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) declaradas en Galicia. O reparto dos fondos de 2020 entre os concellos que dispoñen de ARI no seu territorio, realizado en función das solicitudes presentadas pola administración local, foi comunicado a cada concello solicitante. Para o reparto de fondos tívose en conta o grado de cumprimento en cada concello dos obxectivos asignados en anteriores repartos.

Areeiro recomenda vixiar a botrite nas viñas polas condicións meteorolóxicas de humidade que se prevén para os vindeiros días

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que recomenda ás persoas viticultoras vixiar a botrite e outras podres da uvas, debido as condicións climatolóxicas de humidade que se prevén para os vindeiros días e ao incremento de azucres na uva que son favorables á aparición desta enfermidade. Deste xeito, o persoal especialista de Areeeiro suxire controlar moi ben os acios con feridas e/ou variedades sensibles, que ata este momento estiveron libres de infeccións pola seca.

Fin de semana de Natureza cos ‘Bosques terapéuticos’ da man da Deputación

A Deputación de Pontevedra levará esta fin de semana ata Oia e Fornelos de Montes dúas actividades que combinan sendeirismo e contacto co medio natural. Así, os “baños de bosque” serán protagonistas da ruta do programa medioambiental “Bosques terapéuticos”, cun percorrido mañá sábado, 15 de agosto, pola costa de Oia e a Serra da Groba. O domingo, pola súa banda, terá lugar un percorrido a través da zona de Freaza, no concello de Fornelos de Montes.

A Xunta estende o programa Cultura no Camiño + a preto de 150 municipios, entre eles Arbo e Salceda de Caselas

O circuíto da Xunta Cultura no Camiño + celebra ata o 15 de outubro a súa oitava edición, nunha versión ampliada que estende a súa programación a 149 concellos de toda Galicia no marco do plan autonómico de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos da Covid-19. Todos eles son beneficiarios das subvencións convocadas pola Consellería de Cultura e Turismo para a contratación de espectáculos profesionais galegos ao abeiro deste programa, que volve contar co patrocinio de Gadis.

O Grupo Socialista no Parlamento de Galicia estrutúrase “para traballar por Galicia” la lexislatura de reconstrución fronte á COVID-19

O Grupo Socialista no Parlamento de Galicia estrutura as súas portavocías para “traballar por Galicia” na que ten que ser a lexislatura da reconstrución económica e social por mor da crise derivada da pandemia. Así, Gonzalo Caballero exercerá como voceiro, acompañado por Pablo Arangüena; Paloma Castro e Luis Álvarez como voceiros adxuntos na Cámara galega.

A Xunta prohibirá dende mañá fumar nas terrazas e rúas se non se pode manter a distancia de seguridade

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe aos galegos e galegas das decisións acordadas pola Xunta, tras escoitar ao comité clínico de expertos sanitarios, ante a actual situación epidemiolóxica. Estas medidas, precisou, entrarán en vigor mañá despois da súa publicación esta tarde no DOG.

O Castelo de Soutomaior, escenario de ‘Te con Kant’ dentro do programa da Deputación ‘Re-Acción nos Castelos!’

É posible un mundo e sociedade mellores baixo os ditames da razón ilustrada ou esta é ad infinitum unha condena ó fracaso? Esta é a pregunta fundamental que a compañía Inversa Teatro pretende responder no espectáculo 'Té con Kant', que terá como escenario o patio de armas do Castelo de Soutomaior e será o xoves 13 de agosto ás 19.30 horas. O evento, organizado pola Deputación, atópase enmarcado dentro do programa de dinamización cultural “Re-acción nos castelos!” e está dirixido a un público adulto.

A Deputación entrega nove transpaletas aos nove puntos limpos da provincia ao abeiro do proxecto europeo ‘Estraee’

O deputado de Economía e Réxime Interior, Carlos López Font, e a deputada de Medio Ambiente e Transición Ecolóxica, Iria Lamas, xunto ao alcalde de Meaño, Carlos Viéitez, o concelleiro de medio ambiente de Moaña en representación da Mancomunidade do Morrazo, Odilo Barreiro, e o concelleiro de medio ambiente de Vilagarcía, Lino Mouriño, asistiron ao acto de entrega, no Parque de Maquinaria, das nove transpaletas que prestarán servizo nos nove puntos limpos nos que está a actuar o proxecto europeo ESTRAEE de reciclaxe do “lixo electrónico” promovido pola Deputación.

A Deputación pon en valor o centro de Crecente acondicionando a contorna do centro de saúde, colexio, residencia e pavillón de deportes

O núcleo municipal de Crecente afronta unha completa transformación grazas ás obras de mellora integral da mobilidade e accesibilidade executadas no marco do Plan de Mellora da Seguridade dos Viarios Municipais (DepoRemse) da Deputación de Pontevedra. Os deputados provinciais Carlos López Font e Santos Héctor, acompañados polo alcalde, Julio César García-Luengo, visitaron hoxe esta actuación, na que a institución provincial investiu 426.300 euros.