Cos votos de PSdeG-PSOE e o BNG e a oposición do PP, o Pleno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe a moción para esixir da Xunta de Galicia que, diante do clamor social de pais e nais, Anpas, sindicatos, concellos, e de toda a comunidade educativa, se responsabilice dunha vez dunha competencia exclusivísima do Goberno galego como é o inicio do curso escolar que, en palabras do voceiro Carlos Font, “segue sumido nun absoluto caos que deixa á sociedade nunha indefensión intolerable e sen garantías; nin docentes nin sanitarias”
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, anunciou hoxe o adiamento nunha semana do inicio de curso en Secundaria, en concreto aos días 23, 24 e 25 de setembro. A decisión foi consensuada coa Xunta Autonómica de Directores, nunha reunión celebrada esta mañá cos representantes dos centros de Secundaria xunto cos xefes da Inspección educativa nas catro provincias. A decisión do adiamento foi comunicada tamén aos representantes das familias e dos profesionais dos centros.
O vídeo de promoción da campaña “Fame de experiencias” da Deputación de Pontevedra vén de acadar o seu oitavo galardón a nivel internacional no Terres Festival de Tortosa na categoría Films Turísticos, en concreto en “The best of - Gastronomic Experiences and Wine Tourism”. Este novo recoñecemento premia novamente a aposta da Deputación de Pontevedra por un modelo vangardista e sostible de promoción da provincia, despois dos premios recibidos en Fitur, nos Golden City Gate de Berlín, nos New York Festivals TV & Film Awards, no International Tour Film Fest de Bulgaria, no Festival de Turismo de Riga, no US International Film & Video Festival de Los Ángeles e no SilaFest de Serbia.
Nun acto á beira do río o deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez, acompañado das alcaldesas de Tomiño, Sandra González; do Rosal, Ánxela Fernández; e de Salvaterra Marta Valcárcel; e os alcaldes de As Neves Xosé Manuel Rodríguez; de Tui, Enrique Cabaleiro; e de A Guarda Antonio Lomba, presentou onte as actividades ecoturísticas ‘Vive o Rio Minho’ que a Deputación de Pontevedra está a realizar para potenciar o territorio transfronteirizo do río Miño baixo o lema ‘Dous países, un destino’.
A Delegación do Goberno informou hoxe de que as forzas e corpos de seguridade do Estado suman 49 persoas detidas ou investigadas por incendios forestais na Comunidade este ano, incluíndo os primeiros días de setembro.
“A desinfección dos centros escolares con motivo del Covid‐19 de infantil, primaria e especial non é competencia propia dos municipios e supón unha ampliación das mesmas que excede da pura limpeza”. De esta forma conclúe o informe da Secretaría Xeral da Deputación de Pontevedra que foi solicitado por concellos da provincia, como xa ocorreu noutras zonas do estado, para coñecer o alcance real do “Protocolo de Adaptación ao contexto da Covid‐19 nos Centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020‐2021” das Consellerías de Educación, Universidade e Formación Profesional e de Sanidade da Xunta de Galicia.
Ante o inicio do novo curso escolar, dende a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) faise un chamamento á Educación para que conte co apoio e asesoramento das organizacións de persoas con discapacidade co fin de que a totalidade do alumnado poida formarse en igualdade de condicións.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica mañá a convocatoria de axudas da segunda edición do Plan Moves para fomentar unha mobilidade eficiente e sostible. O programa, que xestiona a Vicepresidencia Económica e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, contará cunha dotación orzamentaria de 5M€.
O voceiro parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, esixiu hoxe á Xunta que “non pase un minuto máis” sen poñer en marcha todas as medidas necesarias para programar un inicio do curso escolar “con todas as garantías posibles” para os nenos e as nenas, as familias e a comunidade educativa na súa totalidade.
Samuel Blanco, o ciclista de Redondela que vén de proclamarse campión de España en Ruta na modalidade elite (afeccionado) durante a proba celebrada recentemente en Xaén, estivo hoxe na Deputación para entregar o maillot ao deputado de Deportes Gorka Gómez. Ao acto, no que tamén participaron os deputados Laura Iglesias, Olga García e Manuel González, asistiu ademais o director deportivo do Supermercados Froiz, Evaristo Portela, e a directora de comunicación do equipo, Ana Portela.
A segunda e última das probas Depo Orienta, a nova oferta deportiva e sustentable deste ano que organiza a Deputación de Pontevedra con “Vive Deporte”, que terá lugar o día 27 de setembro no Monte da Lagoa de Castiñeiras xa ten todas as súas prazas esgotadas. Na mesma xornada en que se abriu a inscrición, onte luns 7 de setembro, non só se cubriron as 200 prazas ofertadas, senón que ademais se completou a lista de agarda con outras cen persoas máis.
Persoal do Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra rescatou nas últimas dúas semanas a un total de 28 cachorros, pertencentes a catro camadas, nos concellos de Salvaterra, A Cañiza e Meaño. As crías, cuxas idades oscilan entre o mes e os dous meses, estanse a recuperar nas instalacións da Armenteira, precisamente na nova zona de maternidade que estreou a principios do mes de agosto.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.