A presidenta da Deputación, Carmela Silva, subliñou hoxe na sede provincial en Vigo “a capacidade de superación” e ”a loita por ter a posibilidade de integración no noso país” das persoas inmigrantes que veñen de finalizar os cursos de español que organiza a institución provincial en Vigo e Pontevedra.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2020/2021. O obxectivo é apoiar aos titulados universitarios en situación de desemprego co fin de mellorar as súas perspectivas de incorporación ao mercado de traballo.
A Deputación de Pontevedra pon en marcha este xoves, 1 de outubro, a segunda webinar sobre sanidade no marco do primeiro Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos, que a institución provincial organiza en colaboración coa Real Academia Galega de Ciencias. Na sesión, que estará formada por dúas webinars de 20 minutos cada unha, a catedrática en Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica María José Alonso Fernández explicará “Como os nanomedicamentos poden cambiar as nosas vidas” e a presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía, África González Fernández, falará da “Inmunidade fronte a Covid-19”.
O audiovisual galego vive “unha grande revolución, con proxectos cheos de talento, que están a recibir recoñecemento nacional e internacional, con moito nivel e películas que están xirando por todo o planeta feitas no noso idioma, protagonizadas por persoas de aquí, con guionistas, directoras/es e produtoras/es galegas/os” enxalzou Carmela Silva na entrega dos IV Premios María Luz Morales, impulsados pola Academia Galega do Audiovisual en colaboración coas catro deputacións galegas.
A situación que estamos vivindo actualmente por mor do COVID-19 estalle afectando directamente á empregabilidade de persoas con discapacidade. Segundo datos que manexa o Servizo de Orientación e Intermediación Laboral de COGAMI (SIL), dende a declaración do estado de alarma no mes de marzo ata a primeira quincena do mes de setembro, rexístrase un descenso na contratación dun 56% con respecto ao período do ano anterior.
ADEGA convoca un ano mais a Limpeza Simultánea de Praias, unha xornada de voluntariado ambiental que ten como propósito concienciar á sociedade na loita contra a contaminación mariña. Esta IX edición terá lugar o vindeiro sábado, 17 de outubro en ducias de areais galegos.
Cunha participación de 450 persoas, cubrindo a totalidade das trinta actividades propostas, rematou este pasado domingo o exitoso programa “Bosques terapéuticos” da Deputación de Pontevedra que percorreu entre o 18 de xullo e o 27 de setembro os parques forestais de Freaza (Fornelos), A Picaraña (Pontearas), Cabo Udra (Bueu), Camposancos (A Guarda) e a Costa de Oia e a Serra da Groba (Oia).
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, apuntou hoxe á unha combinación de medidas de carácter social e de seguridade cidadá para evitar o fenómeno da ocupación ilegal de vivendas na Comunidade. Presidiu unha reunión operativa con mandos do Corpo Nacional de Policía e da Garda Civil de Galicia, encabezados polo Xefe Superior de Policía, José Luis Balseiro, e o xeneral xefe da XV Zona da Garda Civil, Luís Francisco Rodríguez.
O programa de actividades ecoturísticas da Deputación ‘Vive o Rio Minho’ tiveron seu colofón esta fin de semana cun conxunto de propostas a realizar ao longo dos concellos da Guarda e Caminha. Unha vez máis, a proposta –destinada a atraer público para dar a coñecer o territorio transfronteirizo do Miño– resultou todo un éxito de acollida, xa que as prazas esgotáronse en apenas minutos.
A Deputación de Pontevedra ofrecerá a partir deste martes 29 de setembro a formación ao persoal dos vinte concellos de menos de 20.000 habitantes que recibirán 34 novos desfibriladores semiautomáticos (DESA) financiados coa axuda da institución provincial. Son un total de 43 persoas as que recibirán esta formación ata o vindeiro venres, no Edificio Administrativo e a sede de Turismo Rías Baixas, repartidas en catro quendas polas restricións de aforo da Covid-19.
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta desde este luns 28 de setembro e o 2 de outubro cinco novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre deseño de páxinas web con Elementor, o uso de Twitter para potenciar a marca, a fotografía de produto e o debuxo con Onshape, así como as medidas para confrontar o coronavirus nos establecementos turísticos.
O Goberno da Deputación vén de aprobar a contratación para a adxudicación do servizo de tala de arborado no dominio público das marxes das estradas provinciais, no que se investirán máis de 201.500 euros ao fío das tarefas de conservación destes viarios.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.