Martes, 1 Xullo de 2025

É Noticia

Novos Valores 2020, unha aposta pola xente moza e pola calidade fronte á cantidade

A exposición temporal derivada do Certame Novos Valores 2020 abriuse hoxe ao público no Museo de Pontevedra onde permanecerá aberta ata o vindeiro 15 de novembro coas propostas de 21 artistas emerxentes entre as que están as obras das catro persoas bolsadas: Andrea Dávila Rubio, Nuria Rodríguez Figueiredo, María del Mar Ramón Soriano, e Alejandro Rego Díaz.

A Deputación súmase ao Día Internacional das Mulleres Rurais coa reivindicación de visibilizalas e empoderalas

A Deputación de Pontevedra celebra hoxe o Día Internacional das Mulleres Rural adheríndose á declaración institucional da FEMP para reivindicar o papel das mulleres no medio rural e facer fincapé na necesidade de adoptar medidas para garantir unha mellora na súa situación, e máis no contexto de crise sanitaria actual. Xunto a esta adhesión, a institución provincial abriu tamén hoxe, a través de www.depo.gal, o prazo de inscrición para participar na xornada “As mulleres e os efectos da Covid-19 na Galicia rural”, en colaboración coa Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (FADEMUR), que terá lugar o 28 de outubro ás 11.00 horas a través de zoom.

Medio Ambiente reactiva hoxe nos centros escolares a última fase do concurso de recollida de pilas no marco da campaña ‘Pilabot’

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda reactivará hoxe a última fase do concurso de recollida de pilas en centros escolares no marco da campaña Pilabot, que este ano celebra a súa segunda edición coa participación de 150 centros educativos de primaria e secundaria.

Os ‘baños’ dos Bosques Terapéuticos da Deputación arrasan cunha “satisfacción total” por parte dos asistentes

Os baños de bosque do programa “Bosques terapéuticos”, a iniciativa sostible e medioambiental que puxo en marcha este ano a Deputación de Pontevedra por diferentes espazos naturais da provincia, conseguiu un éxito absoluto tralo estudo realizado entre as persoas participantes no programa. Deste xeito, na enquisa remitida ás e aos participantes o 80% valorou a actividade cun 10 sobre 10 e fixeron fincapé na súa “satisfacción total” coa iniciativa provincial.

ADENCO anuncia a suspensión de todas as actividades das súas Xeiras Micolóxicas

As Xeiras Micolóxicas do Grupo Ecoloxista ADENCO chegarían este ano á súa trixésima primeira edición, realizándose de maneira ininterrompida desde a constitución do colectivo en 1990. As Xeiras son un referente no mundo da micoloxía no sur da Provincia de Pontevedra e supuxeron no seu momento a chegada da ecoloxía á micoloxía, con actividades abertas á sociedade, dirixidas a nenos e adultos, co propósito de descubrir o reino dos fungos, que aínda hoxe esconde segredos destacables.

Andrea Dávila Rubio, Nuria Rodríguez Figueirido, María del Mar Ramón Soriano e Alejandro Rego Díaz, premios Novos Valores 2020

Andrea Dávila Rubio, coa peza ‘I wish you’d rub your quills against my stomac’; Nuria Rodríguez Figueiredo, coa peza ‘Voltar’; María del Mar Ramón Soriano, con ‘Homeworks’; e Alejandro Rego Díaz, con ‘Representación nº3. La mano del artista’, foron xs artistas seleccionadxs polo xurado da edición 2020 de Novos Valores, que nesta ocasión optou por tres creacións ‘escultóricas’ e unha composición fotográfica para outorgar as catro bolsas de estudos de 7.500 euros.

A Deputación ultima a quinta edición de “DepoEmprende” coa selección dos centros educativos participantes

A Deputación de Pontevedra dá un paso máis para a posta en marcha da quinta edición de “DepoEmprende”, o programa da institución destinado a fomentar o espírito emprendedor no marco do sistema educativo, coa publicación este martes da lista provisional de centros educativos adheridos ao proxecto. Este ano participarán en total 23 centros de 12 concellos da provincia, 8 na modalidade de “DepoEmprende na Escola”, outros 8 en “DepoEmprende na ESO” e 7 en “DepoEmprende na FP”.

“Fame de experiencias” obtén o seu décimo recoñecemento internacional no Zagreb Tourfilm Festival

“Fame de experiencias”, o audiovisual da campaña de turismo 2019 da Deputación de Pontevedra, vén de acadar un novo recoñecemento internacional e xa van dez acumulados dende a súa estrea. Neste caso o vídeo promocional, que xa ten un auténtico récord de premios, alzouse co galardón “á mellor película gastronómica” no Zagreb Tourfilm Festival de Croacia que, por mor da pandemia, celebrou unha “entrega virtual”.

O Parque Nacional das Illas Atlánticas colabora por sexto ano consecutivo nun programa de seguimento de aves migratorias

O Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia acolleu o pasado mes de setembro a un grupo de voluntarios que participan nun ambicioso proxecto de seguimento da migración das aves procedentes do norte e do centro de Europa no seu percorrido cara a lugares máis cálidos. Por sexto ano consecutivo, a dirección do parque colabora nesta iniciativa, que se leva a cabo grazas ao programa de voluntariado do Organismo Autónomo de Parques Nacionais (OAPN) e na que xa teñen participado ata o momento unhas 90 persoas.

A Deputación destinará 122.000 euros para a nova mobilidade do programa Erasmus de prácticas europeas

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión de 122.000 € para unha nova mobilidade, a quinta, no marco do proxecto Erasmus+ Practicum Depo 2019. Deste xeito, tal e como explicou a presidenta Carmela Silva, un grupo de 14 mozas e mozos graduadas/os en ciclos medios de Formación Profesional poderán completar a súa preparación e mellorar a súa inserción profesional a través da realización de prácticas laborais en empresas e institucións de Italia, Portugal e Irlanda durante 125 días.

A SmartPeme da Deputación pon en marcha esta semana outros seis obradoiros online

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana seis novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre Pinterest, vender en marketplace, plataformas para crear tendas en liña, xestión e comercialización de vivendas turísticas, debuxo con Onshape e WhatsApp Business.

A Deputación, única administración peninsular en acadar financiamento europeo para lanzar o proxecto ‘Depomar’

A presidenta da Deputación Carmela Silva amosou a súa satisfacción tras ter coñecemento de que a institución provincial é a única administración peninsular española en acadar financiamento do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) para poñer en marcha o proxecto 'Depomar'. En total, esta iniciativa ten un orzamento de máis de 59.280 dos cales 44.460 € proveñen de Europa e preto de 15.000 € da Deputación, para –en palabras de Silva– “sensibilizar sobre a preservación dos ecosistemas e recursos mariños e empoderar e visibilizar ás mulleres e o seu papel nas actividades pesqueiras e marisqueiras”.