A Deputación mobilizou hoxe un volume de oito millóns de euros en investimentos nos eidos das infraestruturas, a cultura e a colaboración cos concellos. En palabras da presidenta, Carmela Silva, “un novo impulso para continuar a impulsar a transformación desta provincia que estamos acometendo a un ritmo vertixinoso”. Uns investimentos que Silva anunciou “dende a humildade, pero tamén dicindo que é un orgullo formar parte dunha Administración que funciona e funciona moi ben”.
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana cinco novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre debuxo con Onshape, WordPress, a xerarquía no deseño e as redes sociais.
A Dirección Xeral de Tráfico iniciará mañá unha campaña especial de vixilancia que se centrará en verificar o estado dos pneumáticos e das luces dos vehículos. Trátase dunha campaña específica das estradas de Galicia e que se prolongará ata o vindeiro xoves, día 19. O ano pasado, o 58 % dos vehículos nos que viaxaban as vítimas mortais de accidentes de tráfico en vías interurbanas en Galicia tiñan máis de dez anos de antigüidade.
Xa son trece os galardóns que 'Fame de experiencias', o audiovisual da campaña de turismo 2019 da Deputación, producido pola produtora Esmerarte, vén de acadar dende a súa estrea en Madrid na Feira de Turismo de Fitur. Neste caso, trátase dun novo recoñecemento internacional, no XI International Amorgos Tourism Film Festival, o Festival Internacional de Cinema de Turismo da illa de Amorgos (Grecia), que tivo lugar esta fin de semana. O audiovisual da Deputación obtivo o Premio de Ouro ao mellor Produto Turístico-Turismo Gastronómico, impoñéndose ao resto das candidaturas.
A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, vén de urxir á Xunta, a través dunha batería de iniciativas presentadas no Parlamento, a dotar aos pacientes con ELA de lectores oculares, brazos articulados e tablets que lles permitan comunicarse. Ortega lamentou que, pese a orde ministerial de incluílos na atención especializada, o goberno galego “segue sen actualizar a súa carteira de servizos case un ano e medio despois da entrada en vigor da orde”.
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo hoxe unha xuntanza co coordinador dos deputados e deputadas socialistas no Congreso, Guillermo Meijón, trala cal instou a PP e BNG a “rectificar” a “irresponsabilidade” que cometeron ao presentar emendas á totalidade dos orzamentos xerais do Estado.
A Deputación de Pontevedra vén de participar por primeira vez como membro de pleno dereito da Xunta Directiva da Rede de Cidades pola Bicicleta (RCxB), que se reuniu de maneira online para afrontar os temas máis importantes nos que traballar para os próximos meses.
O proxecto ‘Ágora’ da Deputación para a recuperación de espazo público nos concellos da provincia está alineado cos obxectivos do Ministerio de Mobilidade e Axenda Urbana e será susceptible de conseguir financiamento europeo.
A Deputación de Pontevedra iluminará de azul o seu Pazo Provincial na tarde deste venres ata o luns ao abeiro da conmemoración do Día Mundial da Diabetes, que terá lugar este sábado 14 de novembro. Deste xeito, a institución súmase ás propostas impulsadas por ANEDIA, Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia, para conmemorar esta data e visibilizar a enfermidade.
A Xunta de Galicia vén de publicar hoxe no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras hixiénicas entre o alumnado matriculado nas etapas de Primaria, ESO e Educación Especial dos centros sostidos con fondos públicos que máis o necesite.
O evento mantense e celebrarase igualmente o luns 16 de novembro como estaba planificado. A planificación inicial que estaba programada a primeiros de ano, incluía unha ampla gama de actividades que se verán reducidas pola situación actual que estamos a vivir coa pandemia.
“Hai un discurso que existe, que está presente, que quere tomar corpo e foza, no que se nos di que as decisións que tomamos as mulleres son libres e polo tanto, benvidas sexan, en temas como a prostitución, os ventres de alugueiro ou na cousificación dos nosos corpos. Pero non é certo”. Con esta contundente declaración de intencións a presidenta da Deputación, Carmela Silva abriu este xoves a xornada “Libres? A cousificación do corpo das mulleres”
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.