A Xunta de Galicia vén de trasladarlle ao Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde a súa proposta de adianto do horario do toque de queda na comunidade galega, co obxectivo de frear a expansión da Covid-19.
Alumnado de entre 6 e 11 anos de Arbo, Crecente, A Guarda, O Rosal, As Neves, Salvaterra, Tomiño e Tui gozará de varios espectáculos infantís ao abeiro da iniciativa de recuperación do patrimonio no marco do programa Smart Miño.
“Temos unha nova moi importante no campo do turismo”, destacou Carmela Silva ao informar da recente licitación do programa Tourist Inside que, cun orzamento de 1,5 millóns de €, vai impulsar “un modelo turístico intelixente, dixital, innovador, sostible e adaptado ás novas demandas das e dos turistas”.
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta vén de ampliar a alerta laranxa por vento activada para onte na Mariña de Lugo tamén ás provincias da Coruña e Pontevedra.
Cun operativo de seguridade sen precedentes celebrouse hoxe o primeiro exercicio das probas para cubrir 8 prazas de auxiliar administrativo/a na Deputación de Pontevedra. A convocatoria, á que se presentaron un total de 589 aspirantes, tivo lugar no recinto feiral de Vigo (IFEVI), onde, por primeira vez, foi necesario alugar dous pavillóns diferentes.
O Servizo Galego de Saúde acadou, no pasado ano, unha cifra de 110 doazóns de órganos e mantivo en 328 a cifra de transplantes de órganos nos seus hospitais, uns datos moi destacables, tendo en conta a actual pandemia de Covid. Así mesmo, resulta especialmente salientable o feito de que o número de transplantes de corazón feitos en Galicia foi o máis alto a nivel nacional, e o número de transplantes de pulmón foi o mais alto en Galicia desde que comezou o programa no ano 1999 e o segundo do Estado.
O Comité clínico que fai seguimento da evolución da Covid-19 en Galicia vén de acordar, na súa reunión de onte, elevar ao nivel máximo as restricións aos concellos de Vigo e Pontevedra, logo da revisión da evolución epidemiolóxica da Covid-19 en toda Galicia.
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, sinalou este luns que cómpre que o presidente da Xunta acuda ao Parlamento a explicar as restricións que vai tomar para frear a propagación da covid e as medidas que, nos eidos económico e social, vai poñer en marcha para “protexer aos galegos e ás galegas” fronte a esta terceira onda.
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, informou que no últimos tres días os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado despregaron en Galicia un total de 1.281 dispositivos de seguridade nos que se identificaron a 22.439 persoas e controlado 16.069 vehículos.
Javier Losada explicou que, desde a entrada en vigor das novas restricións á mobilidade e os contactos sociais aprobados pola Xunta de Galicia, a Garda Civil e a Policía Nacional han sumado 512 propostas de sanción na Comunidade.
As canles dixitais da Deputación de Pontevedra, tanto nas súas páxinas web como nas súas principais redes sociais, rexistraron en 2020 grandes datos de visitas e audiencia, cun crecemento exponencial que non só consolidan, senón que redobran a súa aposta dixital na súa relación coa cidadanía da provincia.
A Consellería do Mar colabora un ano máis coas catro federacións de confrarías de pescadores de Galicia -a galega e as provinciais da Coruña, Lugo e Pontevedra- para promover o seu papel de representación do sector pesqueiro a través das 63 entidades existentes na comunidade autónoma galega que contan con máis de 13.000 profesionais afiliados.
A Escola de Letras, que a Deputación de Pontevedra puxo en marcha xunto á Editorial Galaxia no pasado mes de maio, continúa a súa andaina coa celebración, o próximo mércores 20 de xaneiro ás 19.00 horas, dunha ‘masterclass’ impartida pola escritora Anna R. Figueiredo.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.