Os concellos pontevedreses e portugueses da fronteira do Miño reuníronse a última hora de hoxe reunir para decidir actuacións e medidas a tomar sobre o peche da fronteira con Portugal. Así o confirmou o vicedirector do AECT Rio Miño Uxío Benítez, quen adiantou o grande malestar de todos os municipios.
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa da chegada dun novo fenómeno adverso no mar de nivel laranxa que deixará ventos fortes e ondas que poderán alcanzar os 7 metros.
Xa está aberto o prazo para que os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia de Pontevedra poidan solicitar actuacións musicais dentro do programa Musigal, promovido pola Deputación.
”Un auténtico Plan de Rescate para o sector da hostalería e do turismo cun fondo de 140 millóns de euros, coa aportación do 1 % de todas as administracións, e xestionado directamente polos concellos”. Con esta declaración, o goberno provincial insistiu no pleno da Deputación no seu apoio ás reivindicación da hostalería e lamentou “profundamente” o voto en contra do Partido Popular que, en palabras do voceiro Carlos Font, “terá que explicar aos sectores afectados porque prefire un plan de axudas de menos de cen millóns de euros en vez dun verdadeiro Plan de rescate de 140 millóns.
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presidiu a Xunta Provincial de Seguridade na que analizáronse os datos provisionais do ano 2020 sobre a delincuencia e as infraccións penais. Larriba subliñou que a pandemia da Covid 19 marcou fixo que descenderan as infraccións habituais como os roubos en domicilios e establecementos comerciais pero tamén supuxo un incremento nas estafas leves pola rede e no que respecta a violencia de xénero e os malos tratos.
O Agrupamento Europeo de Cooperación Transfronteiriza AECT Río Miño advertiu hoxe, logo de que Portugal anunciase o seu peche de fronteiras con España, que non debe repetir o erro de limitar e dificultar o paso pola raia das persoas traballadoras como aconteceu tralo confinamento de marzo. Así o manifestou o vicedirector da entidade e deputado de Cooperación Transfronteiriza da Deputación, Uxío Benítez, quen instou a manter abertos todos os pasos nas estradas, principalmente os das Eurocidades, coas medidas de control que sexan necesarias para facilitar a circulación das persoas que viven ou traballan a ambas marxes do río.
Estar ao lado dos clubs deportivos da provincia e apoialos diante das enormes dificultades que están a padecer por mor das restricións ás competicións e actividades a causa da pandemia foi o obxectivo das sete xuntanzas telemáticas que o deputado de Deportes, Gorka Gómez, celebrou esta mañá con máis dun cento de clubs de tódalas modalidades. “Trasladamos o noso apoio a tódolos clubs nesta situación tan complicada e adiantámoslles o noso compromiso de axilizar a tramitación de tódalas subvencións para que poidan cobrar en moi pouco tempo dende que presenten as xustificacións”, explicou. “Este ano hai que estar cos clubs máis que nunca”.
A Confederación de ANPAS Galegas vén de facer público un escrito –reflexión en voz alta, se cadra– sobre o máis que incierto futuro do curso escolar e sobre todos aqueles problemas que a pandemia puxo sobre a mesa en marzo do 2020 e que, a día se hoxe, seguen sen ter resposta por parte da administración autonómica. Pola importancia do escrito e por tratarse do futuro dos nosos fillas e fillos, nestas páginas o transcribimos literalmente e na súa integridade.
Na reunión desta mañá da Comisión de Seguimento dos GES da provincia de Pontevedra para presentar o funcionamento do novo modelo dos grupos de emerxencia, o deputado Carlos Font subliñou hoxe “o extraordinario esforzo” da Deputación de Pontevedra que incrementou ata case o millón de euros o seu orzamento para costear esta mellora da prestación aos concellos da provincia.
As deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra mostran o seu compromiso co sector hostaleiro mantendo firme a súa proposta de achegar o 1% do orzamento das institucións provinciais a un fondo común de rescate da hostalaría e lamentan que a Xunta non iguale este esforzo para un sector que atravesa unha situación crítica.
DepoEmprende, a iniciativa da Deputación de Pontevedra que promove dinámicas de traballo que fomenten o emprendemento no marco do sistema educativo, arranca coa súa quinta edición.
“Coa máxima vontade de colaboración e de chegar a acordos, pero tamén coa máxima esixencia na defensa dos sectores do turismo e a hostalería”. Con esta declaración de intencións, o deputado provincial Carlos Font sinalou onte que a Deputación de Pontevedra acudirá hoxe mércores, á reunión de Compostela, coa esixencia dun “auténtico plan de rescate, coa participación proporcional de todas as administracións, e coa aportación dun 1 % de cada orzamento”.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.