Luns, 7 Xullo de 2025

É Noticia

Os concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia recibirán hoxe outras 58.000 máscaras nun novo reparto obxectivo da Deputación

A Deputación de Pontevedra realiza hoxe unha nova entrega de máscaras cirúrxicas de protección aos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes. Son outras 58.000 unidades que, sumadas ás anteriores entregas, eleva a un total de 324.500 o balanzo do material repartido pola institución provincial dende o comezo da pandemia

A Policía Autonómica tramitou na fin de semana 231 denuncias nos controis de medidas ante a Covid-19 en Galicia

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo a pasada fin de semana un total de 121 dispositivos en 50 concellos galegos nos que foron tramitadas 231 denuncias. Os controis realizáronse no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas.

O Sergas inicia un novo curso de formación para a vacinación contra a COVID-19 destinado ao persoal de enfermaría de atención primaria

O Servizo Galego de Saúde inicia mañá un novo curso de formación para a vacinación contra a covid-19, destinado o persoal de Enfermería dos servizos de Atención primaria do Sergas. O obxectivo do curso é que o conxunto de profesionais de Enfermaría de primaria coñezan as características das vacinas, a súa loxística e as especificidades na súa administración.

Luz Darriba intervén con 3.000 máscaras as fachadas da Deputación en Vigo para reivindicar neste 8M a corresponsabilidade nos coidados

A Deputación vestiu neste 8M as fachadas da súa sede en Vigo cunha vangardista intervención de 3.000 máscaras escritas con mensaxes enviadas por mulleres da cultura e da cidadanía en xeral, na acción da creadora Luz Darriba que, co título 'Coidarmos', reivindica a urxente necesidade da corresponsabilidade nos coidados. Deste xeito, a artista elixiu como elemento simbólico da súa intervención as máscaras –que este ano son o primeiro eixo de protección– para reclamar que os coidados, tradicionalmente prestados de xeito solidario, invisible e non remunerado polas mulleres, sexan compartidos.

A Xunta porá en marcha este mes unha antena en Londres para asesorar ás empresas galegas ante os retos do Brexit

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, sinalou hoxe durante a súa participación nun seminario sobre o Brexit organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEP) en Vigo que este mes de marzo a Xunta abrirá unha antena en Londres para atender as demandas de información do tecido produtivo galego e que este poida manter o seu posicionamento no Reino Unido, que é o cuarto destino das exportacións galegas.

Os propietarios forestais da provincia de Pontevedra ingresan 25,9 millóns de euros por vendas de madeira no 2020

O monte en Galicia demóstrase unha vez máis como un sector resiliente ás cíclicas crises. Na provincia de Pontevedra, os propietarios forestais ingresaron no 2020 arredor de 25,9 millóns de euros polas vendas de madeira, segundo as estimacións da Asociación Forestal de Galicia, en base ós datos de cortas da Consellería do Medio Rural.

O Pazo Provincial acolle a edición máis potente de “As mulleres que opinan son perigosas”

A presidenta da Deputación Carmela Silva e o alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores, xunto ás xornalistas Diana López e Susana Pedreira impulsoras do encontro, deron esta tarde o pistoletazo de saída á IV edición de As mulleres que opinan son perigosas. Nun salón de Plenos, iluminado en lila e decorado con ferramentas vintage do mundo do xornalismo escrito, radiofónico e fotográfico, arrancou a edición “máis potente” de todas as organizadas, que como ano pasado faise en liña debido ás restricións da pandemia.

A Deputación lanza o directorio de ‘Descúbre-as’ que visibiliza as mulleres do sector musical

'Descúbre-as', o proxecto que Regalamúsica está a levar a cabo da man da Deputación de Pontevedra “para visibilizar ás mozas e mulleres da música e rachar coas discriminacións que tamén sofren neste ámbito”, conta desde hoxe cunha nova iniciativa: o primeiro directorio de mulleres da industria musical en Galicia que xa pode consultarse no sitio web www.descubreas.com.

A Deputación arranca o #8M vestindo de reivindicación as súas sedes e coa axenda feminista no centro da acción

Coa descuberta nas sedes de Pontevedra e Vigo da pancarta do 8M, que reclama volver poñer no centro as reivindicacións da axenda feminista, a Deputación arrancou onte a súa potente programación para este mes de marzo. A presidenta, Carmela Silva, participou no acto desenvolvido na balconada do Pazo Provincial xunto ao vicepresidente César Mosquera e deputadas e deputados, e insistiu en que a Deputación ten o obxectivo irrenunciable “reclamar as iniciativas lexislativas, de financiación e de posicionamento para recuperar a nosa axenda” .

Esgotadas as prazas da segunda edición da Escola de Letras da Deputación e a Editorial Galaxia

A Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia mantén intacto o seu tremendo tirón. Deste xeito, en só catro días xa se esgotaron as 90 prazas dos seis cursos que ofrecerá este ano a Escola, e hai unha importante lista de agarda con medio centenar de persoas.

Peche de fronteiras. AECT Río Miño lanza o documental ‘Confinados no río Miño’

Traballadores, empresas e poboación en xeral do territorio do río Miño continúan a sufrir un dobre impacto na súa rotina diaria: o da Covid-19 e o peche de fronteiras entre o Alto Miño e Galicia. Detrás das perdas económicas, das viaxes de centenares de quilómetros de máis para traballar e dos gastos en combustíbel e de tempo, hai emotivas historias persoais que son o exemplo do que acontece aos cerca de 6.000 traballadores e traballadoras afectadas por esta medida.

AECT Río Miño lanza o documental ‘Confinados no Río Miño’ para visibilizar o problema do peche da fronteira con Portugal

Persoas traballadoras, autónomas, empresas, veciñas e veciños do territorio do Río Miño están a sufrir un doble impacto nas súas vidas: o da COVID e o do peche da fronteira con Portugal.