Martes, 8 Xullo de 2025

Val Miñor

O Concello de Nigrán pranta 175 novos arbustos na contorna do Centro da Terceira Idade de A Ramallosa

O Concello de Nigrán, a través da empresa concesionaria Aqualia, repuxo esta semana con 175 aligustres toda a zona axardinada que delimita o carril-bici na contorna do Centro da Terceira Idade de A Ramallosa.

Nigrán inviste na instalación de dúas novas cubertas no CEIP Carlos Casares

O Concello de Nigrán ven de investir 17.714 € na construción e montaxe de dúas cubertas no CEIP Carlos Casares de Vilariño cumprindo así cunha petición de toda a comunidade educativa.

Aberto o prazo para participar no Concurso de Comparsas de Entroido de Baiona

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona informa de que mañá se abre o prazo de solicitude para participar no Concurso de Comparsas de Entroido 2022. O prazo estará aberto do 2 ao 16 de febreiro, ambos inclusive.

Nigrán regula de xeito definitivo o aparcamento de caravanas nas zonas de praia

O goberno de Nigrán proporá no pleno ordinario de hoxe a actualización da ‘Ordenanza de Convivencia Cidadá e Ornato Público’ para regular de xeito definitivo o aparcamento de caravanas nas zonas de praia.

Presentación pública de Lucenza-Ateneo de Nigrán

Lucenza-Ateneo de Nigrán realizou este venres 28 de xaneiro, no Auditorio municipal, a súa presentación pública, que contou cunha nutrida concorrencia de público. Durante o acto o seu presidente, Xabier Méndez, e algunhas socias e socios da entidade, explicaron ao público os obxectivos da asociación e as actividades que van desenvolver nos vindeiros meses.

Lucenza homenaxeará a Darío Xohán Cabana durante a súa presentación ao público este venres en Nigrán

A asociación Lucenza-Ateneo de Nigrán levará a cabo unha pequena homenaxe ao escritor Darío Xohán Cabana, recentemente falecido, durante a súa presentación como asociación este venres, 28 de xaneiro, no auditorio municipal, ás 20.00 horas.

Nigrán habilitará as praias de Portocelo e Os Cantos como espazos para cans todo o ano

O goberno local de Nigrán proporá no vindeiro pleno ordinario do 31 de xaneiro unha modificación de Ordeanza Municipal de Convivencia Cidadá e de Ornato Público para permitir que os cans acudan durante todo o ano ás praias de Portocelo (Panxón-Monteferro) e Os Cantos (Lourido).

Arde por completo un pendello en Nigrán

No concello de Nigrán, un incendio calcinou por completo un pendello na Rúa de Don Marcial, na parroquia de Priegue. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais.

Os tres concellos do Val Miñor únense ao grupo de enfermería da Xunqueira para combater a hipertensión

Os tres concellos do Val Miñor veñen de unir forzas para ofrecer a actividade de marcha nórdica (marcha con bastóns) como terapia rehabilitadora grazas aos enfermeiros residentes do Centro de Saúde Val Miñor, ideólogos deste proxecto piloto único en Galicia e practicamente en España.

O Concello de Nigrán completa a plantación de arbolado en Porto do Molle

O Concello de Nigrán investiu 50.000 € para completar a plantación de arbolado no parque empresarial de Porto do Molle, o que implica a reconstrución dos alcorques, que se atopaban en moi mal estado.

O Entroido de Baiona adiántase ao sábado 19 de febreiro

O Concello de Baiona adianta unha semana a celebración do Entroido. Aínda que a data oficial será a última fin de semana de febreiro, desde a Concellería de Cultura decidiuse adiantalo sete días para que a súa celebración non estea tan próxima á festa máis popular da vila, a Arribada, que este ano se celebrará o 4, 5 e 6 de marzo, e que tamén encherá de fantasía, neste caso medieval, as rúas da localidade.

O Concello de Nigrán amplía a todas as tardes as sesións do Centro Municipal de Enfermidades Neurodexenerativas

O Concello de Nigrán ven de ampliar o funcionamento do Centro Municipal de Enfermidades Neurodexenerativas de Panxón a todas as tardes de luns a venres ante a demanda deste servizo público municipal que o Concello creou no 2016 vencellado a súa política ‘Un Nigrán para todos’.