Venres, 4 Xullo de 2025

Val Miñor

Baiona ofrece dúas alternativas de lecer ambiental este verán

Leira Moreiras organiza os roteiros guiados “Safari Etológico de Garranos”. Un safari sostible descubrirá este animal salvaxe e prehistórico campando ás súas anchas no privilexiado lugar do Alto de Groba.

Nigrán abre o prazo para inscribirse no “Flota Como Poidas”

O Concello de Nigrán abre ata o 12 de agosto o prazo de inscrición para participar na xa tradicional concentración de "artefactos flotantes" chamada "Flota Como Poidas", que terá lugar o domingo 14 de agosto ás 17:30 horas desde a ponte de Ramallosa, no Río Miñor

Nigrán abre o xoves o prazo para inscribirse na festa do ‘Día dos Avós’

O Concello de Nigrán abre este xoves e venres 14 e 15 de xullo o prazo de inscrición para participar na festa do 'Día dos Avós' o martes 26 de xullo na Asociación de Veciños 'Monteferro-Panxón' (Praza D.Manuela, 4- A Porqueira).

Nigrán ofrece en Porto do Molle a mostra ‘Nigranjazz – XVI Anos de Música e Deseño’

O Concello de Nigrán ofrece desde hoxe luns 11 de xullo ao venres 29 de xullo na fábrica e punto de venda e degustación de cervexas 'Banda', en Porto do Molle, a exposición ‘Nigranjazz - XVI Anos de Música e Deseño’.

Nigrán ofrecerá durante todo o verán ‘Ioga e meditación no Solpor’

A maxia da praia de Patos para acadar paz espiritual e física a través do Ioga. Con este obxectivo o Concello de Nigrán ofrecerá quincenalmente a partir deste martes 12 de xullo ás 20:30 horas na Praia de Patos 'Ioga e meditación no Solpor' a cargo do gran mestre internacional Madhana

Nigrán compra 8 novidosas ramplas accesibles para Praia América, Panxón e Patos

O Concello de Nigrán ven de investir 17.908 € na adquisición de 8 ramplas flexibles para que os areais de Praia América-Lourido e Patos resulten fácilmente accesibles.

Baiverán 2022, o Concello reafirma a súa aposta pola cultura cun programa “amplo e para todos os públicos”

O Concello de Baiona presentou, na mañá de hoxe o programa do Baiverán 2022 que foi definido polo alcalde Carlos Gómez "como a reafirmación deste Goberno local pola cultura que ten que ser un piar básico da sociedade". O programa, explicado polo miúdo pola concelleira de Cultura, Miriam Costas Iriarte, abrangue dende interesantes e atractivos concertos "para todos os gustos e para todas as idades" ata as sesións de Cine na Rúa pasando por monólgos, exposicións, festivais, roteiros ou teatro e cun programa específico para as Festas da Virxe da Anunciada, patroa do municipio.

Nigrán homenaxea o domingo a Carlos Casares cun concerto literario na Ramallosa

O Concello de Nigrán celebra este domingo 10 de xullo a partir das 20:30 horas no Parque da Alameda de A Ramallosa un doble evento cultural: o concerto-literario 'Tocata e Fuga' para Carlos Casares e a estrea do documental 'Nigrán, proa ao futuro' ás 21:30 horas.

O Monte Real Club de Iates de Baiona recibe a bandeira de Galicia Calidade

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia,ea xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, asistiron en Baiona ao izado da bandeira de Galicia Calidade no Monte Real Club de Iates de Baiona, situado neste municipio do sur de Pontevedra e enclave fundamental do turismo náutico galego.

O Concello de Nigrán consolida a simbiose natural entre Carlos Núñez e o miradoiro de Monteferro cun concerto

O Concello de Nigrán volve a ofrecer este verán ao mellor gaiteiro do mundo no mellor escenario do mundo: Carlos Núñez no miradoiro de Monteferro coincidindo co xa famoso solpor cara o Oceáno Atlántico e as Illas Cíes e Estelas.

Un NigranJazz 2022 con marcado protagonismo feminino

O Concello de Nigrán celebra o 29 e 30 de Xullo o XVI Nigranjazz no espectacular escenario ao aire libre do esteiro de A Foz coa presencia dos músicos con maior proxección internacional e na que será, ata a data, a súa edición máis feminina. Así, tres das catro formacións invitadas están lideradas por mulleres: a pianista catalá Lucía Fumero, a guitarrista e compositora letona Ella Zirina e a cantante Eve Cornelius, bandas ás que se suma o guitarrista franco-galego Wilfried Wilde (que tamén conta con mulleres no seu quintento).

A renovación museológica da Carabela Pinta, marca un salto de calidade importante na experiencia a bordo do público visitante

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, describiu ao renovado Museo Flotante da Carabela Pinta como “unha visita obrigada” para todos aqueles “que queiran gozar e pasar un bo intre” á vez que coñecen a historia “ Universal”. O alcalde, acompañado pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, foi o anfitrión a bordo do acto de inauguración que sexa celebrou na tarde de onte.