Domingo, 14 Setembro de 2025

Val Miñor

Baiona pon en marcha un plan formativo

O Concello de Baiona poñerá en marcha o vindeiro 22 de decembro un plan formativo municipal co Curso de Competencias Clave Nivel 2 (competencia en lingua catelá, matemáticas e lingua galega) que ten como obxectivo facilitar a inserción laboral e incrementar as oportunidades para acceder ao mercado laboral dos veciños do municipio.

O auditorio de Nigrán acolle o domingo un obradoiro musical

O Concello de Nigrán ofrece este domingo 20 de novembro ás 17:30 horas no Auditorio Municipal un obradoiro de animación musical a cargo da Fundación Igualarte con entrada de balde ata completar aforo.

‘Aprendendo a querer’ de Isabel Risco este domingo no Multiusos Mercado de Sabarís, Baiona

O Novembro Lila continúa a súa andaina no Multiúsos Mercado de Sabarís e acolle este domingo, 20 de novembro, ás 12:00 h a representación teatral para as crianzas 'Aprendendo a querer' de Isabel Risco, a cargo de Trinke Trinke Teatro. A entrada é gratuíta e libre ata completar aforo.

«Novembro Lila» achega ao alumnado do CPI Cova Terreña de Baiona a igualdade na arte a través do obradoiro Afinidades Diversas

A Concelleira de Igualdade do Concello de Baiona, Yasmina Moreira Costas, acercouse hoxe ata o CPI Cova Terreña para coñecer o obradoiro 'Afiidades Diversas' e acompañar a Anne Malgogne Dumesnil 'Amadu', Brigitte Darras Dit 'Bivan', Fabbienne Alliou-Lucas, as artistas francesas que xunto coa artista baionesa Irene Silva, impartiron una serie de obradoiros para o alumnado de 1º da ESO neste colexio baionés.

A cuberta do pavillón de Panxón, primeira comunidade solar municipal de Galicia

O Concello de Nigrán dará un paso máis a prol da sostibilidade ambiental creando a primeira comunidade solar municipal de Galicia. Con este obxectivo ven de licitar o aluguer da cuberta do Pavillón de Panxón para instalar placas fotovoltaicas que subministren de enerxía verde ao propio edificio e tamén ás vivendas situadas a un radio máximo de 500 metros. Deste xeito, á veciñanza da contorna poderá beneficiarse deste novo modelo enerxético de autoconsumo sen facer ningún investimento, mellora ou trámite e obtendo a cambio enerxía 100 % renovable a un custe simbólico.

Aberto o prazo para participar no concurso de micro-beléns de Sabarís

A asociación de empresarios Coemsa de Sabarís, organiza un certame de micro-beléns en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Baiona.

Nigrán repetirá o mercado de Nadal ‘Bulebule’

A Praza Rosalía de Castro de Nigrán volverá a ser a antesala do Nadal na comarca grazas ao mercado de inverno ‘Bulebule’.

Chega ás parroquias de Baiona “Cultiva a Mente”

O Concello de Baiona inicio con gran éxito de participación nas parroquias do municipio o programa de prevención ao deterioro “Cultiva a Mente”.

Nigrán prepara una excursión a Bueu e ao Museo Massó

O Concello de Nigrán continúa co seu programa de turismo social destinado á veciñanza da terceira idade cunha excursión o 23 de novembro a Bueu e arredores, Museo Massó, e xantar-baile no restaurante Casas, en Redondela.

Nigrán retoma este curso o programa de terapia canina

O Concello de Nigrán volve a ofrecer este curso o seu programa de terapia canina no Centro de Educación Especial Juan María (Parada)..

Próximos cortes de tráfico en Baiona

O Concello de Baiona, a través da Xefatura da Policía Local de Baiona, vai realizar un corte de tráfico e desvío na rúa “Porta da Vila” o vindeiro martes, 15 de novembro.

A auga da Fonte do Pombal de Baiona volve a ser apta para o consumo humano

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Medio Ambiente, informa de que, tras o resultado da última analítica de potabilidade das fontes naturais existentes no municipio, a auga da Fonte do “Pombal”, situada no Camiño Real (Sabarís), está dentro dos parámetros normáis que garantizan o consumo humano.