Sábado, 19 Xullo de 2025

Val Miñor

Nigrán ofrece o domingo o III Certame de Rondallas do Val Miñor

O Concello de Nigrán e o C.C.R. Parada do Miñor ofrecen o domingo 18 de decembro desde as 10:30 horas na Alameda de San Campio de A Ramallosa o III Certame de Rondallas do Val Miñor.

Nigrán e Ovalmi lanzan a campaña de Nadal “Rasca e Gaña”

O Concello de Nigrán e a Asociación de Empresarios Ovalmi amplían por vez primeira a súa campaña ‘Este Nadal merca en Nigrán’ ao reparto dun total de 5.000 € ocultos en 25.000 boletos ‘Rasca e Gaña’.

O antigo campo de fútbol de Santa Marta acolle a XXIII Edición do Cross Escolar do Val Miñor

Este domingo, 18 de decembro, a contorna do antigo Campo de fútbol de Santa Marta será o escenario que acolla a XXIII Edición do Cros Escolar do Val Miñor, coas categorías desde chupete até xuvenil e con distintas saídas.

Nigrán ofrece este sábado un contacontos musical

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 17 de decembro, ás 18:30 horas na Biblioteca Municipal, o contacontos visual e musical 'Morgan. Gardaxoguetes' coa presenza da súa autora, María de Ferreiro, e dúas colaboradoras, Adela Rial e Sonia Vilar.

Baiona, o primeiro lugar de Galicia en dar as badaladas

Hai quen inicia a festa do día 24 unhas horas antes e denomínao 'Tardebuena' ou como se coñece na vila mariñeira a “mítica tarde de viños”. Tamén están os mozos e mozas que asolagan as prazas para mediados de decembro para celebrar a Noitevella Unversitaria e os que como Baiona este sábado, 17 de decembro, adiántase unhas semanas ao fin de ano para celebralo xunto ao resto da localidade.

O Fegateatro 2022 remata este sábado en Nigrán

O Concello de Nigrán finaliza este sábado 17 de decembro o ciclo de Fegateatro 2022 coa obra ‘Confinad@s’ de ‘A Tequerreté Teatro’ (Teo) ás 20:00 horas no Auditorio Municipal.

Baiona convoca subvencións para asociacións para a realización de actividades culturais

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura, convoca unha liña de subvencións destinadas a centros, entidades ou asociacións do Concello de Baiona sen fins de lucro, para as actividades culturais que se desenvolveron durante o ano 2022.

O novo parque de Camos xa é unha realidade

O Parque Público Feliciano Figueiró, de Camos, é xa unha realidade. Sobre unha gran pedra de granito e unha lenda que dí: Parque Público “Feliciano Figueiró”.

O domingo chega o gran Concerto Solidario do Grupo de Acordeóns Tarataña a Nigrán

O Concello de Nigrán ofrece este domingo 11 de decembro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal o concerto do Grupo de Acordeóns Tarataña con Jaime Vilas e Manuel Olegario.

Nigrán promociona o comercio local a través dunha campaña especial de Nadal

O pequeno comercio de Nigrán dá unha vez máis a cara polo seu sector. O Concello de Nigrán, coa colaboración da asociación de empresarios Ovalmi, lanza unha campaña especial de promoción baixo a etiqueta #EsteNadalMercaEnNigrán na que os propios comerciantes son os protagonistas.

Nigrán acende hoxe a iluminación de Nadal

O Concello de Nigrán realizará o acendido do alumeado de Nadal, hoxe mércores 7 de decembro, ás 19:00 horas.

O Club Baloncesto Nigrán organiza o VIII Torneo Solidario

O Club Baloncesto Nigrán está xa inmerso na organización da VIII edición do Torneo Solidario "Encesta un Alimento", que se desenvolverá no Pavillón Municipal de Panxón os días 26 e 27 de decembro.