O Concello de Nigrán ofrece este domingo 11 de decembro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal o concerto do Grupo de Acordeóns Tarataña con Jaime Vilas e Manuel Olegario.
O grupo de acordeóns TARATAÑA nace o 27 de setembro de 2011 en Vigo, participaron e organizaron o Día Mundial do acordeón no Centro Cultural Helios de Bembrive durante 19 anos. En Brembrive o grupo participaba na Sociedade dende 1992 co nome Algareiro. O Mestre, Director e compoñente do grupo é Manuel Olegario e o seu estilo musical é amplio, valses tradicionais, rumbas, valses franceses, boleros… e teñen participado en innumerables actuacións por Galicia.
Manuel Vilas, natural de Lourizán, ten estudos de piano e violín no conservatorio de Pontevedra e foi alumno do gran mestre Arturo Bastos de Cabral.
Manuel Olegario naceu en Bos Aires en 1957 e iniciou a sua formación aos 8 anos da man do seu pai. En 1997 crea a Escola de acordeóns “Algareiro” do Centro cultural Helios de Bembrive e actúa en toda a península destacando a súa actuación no Festival Internacional de acordeóns en Chartres (Francia) representando a españa no ano 2005. Fundou un grupo de acordeóns “Xarope de uva” sendo mestre de numerosos acordeonistas.
Jaime Vilas e Manuel Olegario dende 1992 forman un dúo que ten actuado en todas as edicións do Día Mundial do Acordeón.
A entrada é gratuíta e para acceder ao festival tan só hai que levar productor navideños (polvoróns, turróns bombóns, latas de consevas, etc) todos esos productos especiais que solemos teer en estas datas nas nosas casas e que irán ao Banco de Alimentos Municipal para repartir entre as familias que o precisen.