Domingo, 20 Xullo de 2025

Val Miñor

Nigrán reparte os xoguetes recadados entre 65 familias vunerables do municipio

O Concello de Nigrán rematou esta semana o reparto de brinquedos recadados durante todo o ano a través do Banco Municipal de Xoguetes co fin de que, precisamente, ningunha crianza quede sen agasallos de Nadal.

Baiona pon en marcha o plan formativo municipal co curso de Competencias Clave Nivel 2

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, e o Concelleiro de Emprego, Óscar Carreño Miniño, achegáronse ata o multiusos Ángel Bedriñana para dar a benvida as persoas participantes no Curso de Competencias Clave Nivel 2 que comezou onte.

Roteiro polos beléns familiares de Baiona o vindeiro xoves 29 de decembro

Chega o Nadal e con ela veñen todas as decoracións típicas destas festas familiares e un dos plans que máis gusta nesta época é visitar os diferentes beléns que están repartidos ao longo e ancho da localidade.

Gondomar estrea unha nova praza adicada a Rosalía de Castro

Gondomar conta desde este sábado cun novo espazo de encontro para a cidadanía, adicado a poeta e novelista galega máis universal.

Nigrán ofrece obradoiros de manualidades para crianzas de 7 a 14 anos

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de Nadal, ofrece o 26 e 27 de decembro no Auditorio Municipal sendos obradoiros de manualidades para crianzas de 7 a 14 anos empadroadas no municipio, sendo preciso inscribirse previamente a través do formulario web en www.nigran.es ao estar as prazas limitadas a unha ducia.

O Concello de Baiona coordinará a través de «Baiona Senior» todas as políticas municipais dirixidas ás persoas maiores

O Concello de Baiona ten censados máis de 2.700 veciños e veciñas de máis de 65 anos, o 22 % da súa poboación. Co obxectivo de coordinar e mellorar todas as políticas municipais dirixidas a este colectivo, pon en marcha o programa ‘Baiona Senior’. “Desde o comezo do mandato, as actividades e iniciativas para as persoas maiores son unha prioridade do noso goberno, promovendo o envellecemento activo e saudable, convertindo Baiona nunha vila para as persoas maiores”, afirma o alcalde, Carlos Gómez Prado.

25 mulleres participaron este sábado no curso de defensa persoal de Baiona

25 mulleres participaron este sábado no curso de defensa persoal para previr situacións de violencia de xénero.

Nigrán abre este xoves a inscrición para a excursión a Perlim o martes 27 de decembro

O Concello de Nigrán ofrece un ano máis unha excursión ao parque temático de Nadal máis grande de Portugal, Perlim, o martes 27 de decembro. A inscrición abrirá o xoves 22 e venres 23 de 9:00 h a 14:00 horas na Oficina de Turismo de Dunas de Gaifar sendo un número limitado de prazas que seguirá unha rigorosa orde de inscrición con prioridade para os empadroados en Nigrán con crianzas.

Nigrán ofrece un baile de Nadal

O Concello de Nigrán ofrece este mércores 21 de Decembro un baile de Nadal para todos os públicos de 18:00 a 21:00 horas no Auditorio Municipal e coa música en directo do Trío Xtra.

Nigrán continúa con actividades de ‘O vaivén das historias’

O Concello de Nigrán continúa este martes e xoves con actividades de Nadal de 'O vaivén das historias'. Concretamente, o martes 20 e xoves 22 de 10:30 a 13:00 ofrecerá no Centro Social de Maiores de Vilameán un faladoiro-obradoiro para adultos no que estes deberán achegar un obxecto de moito valor sentimental para contar a historia que vai ligada a ese obxecto e xuntos reflexionar sobre o apego.

Nigrán ofrece no auditorio unha exposición do pintor Rafael Jiménez Ambel

O Concello de Nigrán ofrece duranto todo o Nadal no Auditorio Municipal una exposición do pintor Rafel Jiménez Ambel, afincado en Panxón e quen o ano pasado homenaxeou aos bombeiros do GES Val Miñor cun mural alusivo á loita contra os incendios de 2017 en Chandebrito.

Baiona, imaxe de postais de Nadal

Unha imaxe de Baiona, da súa emblemática rúa Elduayen, centra a mirada nunha postal do Nadal coa que Correos quere promocionar nestas datas tan especiais a Baiona por todo o territorio nacional.