8.9 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán abre este xoves a inscrición para a excursión a Perlim o...

    Nigrán abre este xoves a inscrición para a excursión a Perlim o martes 27 de decembro

    Trátase do parque temático de Nadal máis grande de Portugal

    O Concello de Nigrán ofrece un ano máis unha excursión ao parque temático de Nadal máis grande de Portugal, Perlim, o martes 27 de decembro. A inscrición abrirá o xoves 22 e venres 23 de 9:00 h a 14:00 horas na Oficina de Turismo de Dunas de Gaifar sendo un número limitado de prazas que seguirá unha rigorosa orde de inscrición con prioridade para os empadroados en Nigrán con crianzas. O prezo é de 6 € (os menores de 3 anos non pagan) e inclúen a entrada ao recinto e o transporte, tendo que abonarse no mesmo día da excursión. A hora prevista de saída é as 10:30 horas e a de chegada ás 22:30 horas.

    Ubicado en Santa María da Feira, cerca de Espinho e Oporto, abre as súas portas un Nadal máis para que os máis pequenos se adentren nun mundo de maxia e diversión: Laponia, o oeste, contacontos, monicreques, teatro, pista de xeo, tren, tirolinas….

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.