Domingo, 22 Xuño de 2025

Val Miñor

O alcalde de Nigrán solicita á Xunta que empregue a cociña do CEIP Humberto Juanes

O alcalde de Nigrán, Juan A. González, participou no CIFP A Granxa de Ponteareas, no seminario europeo de ‘Foodlab Project’ sobre agricultura e consumo sostibles, para presentar o proxecto da cociña escolar municipal levado adiante polo goberno que representa.

Baiona adianta o entroido ao 11 de febreiro

O Concello de Baiona adianta unha semana a celebración do Entroido. Aínda que a data oficial será a última fin de semana de febreiro, desde a Concellería de Cultura decidiuse adiantalo sete días para que a súa celebración non estea tan próxima á festa máis popular da vila, a Arribada.

Comezan as obras de instalación de saneamento e asfaltado na rúa Raña de Nigrán

O Concello de Nigrán iniciou na pasada semana as obras para dotar de saneamento a rúa Raña, en Priegue, tal e como tiñan demandado os veciños.

Nigrán estreará un servizo público de atención temperá de crianzas

O Concello de Nigrán incorporará en marzo por vez primeira no municipio o 'Servizo de Atención Temperá' público dirixido a crianzas de 0 a 6 anos con algún trastorno transitorio ou permanente no seu desenvolvemento ou en risco de padecelo.

Centos de alumnos de Nigrán participan na ‘XII Carreira Solidaria’

Centos de alumnos de cinco centros educativos participaron na 'XII Carreira Solidaria' organizada polo CPI Arquitecto Palacios de Panxón con motivo da Semana da Paz e co fin de recadar fondos para colaborar co departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán, como fan habitualmente.

Nigrán rehabilitará o muíño de Porto do Molle

O Concello de Nigrán iniciou a pasada semana o expediente de contratación para rehabilitar integralmente o muíño de Porto do Molle cun investimento previsto de 250.000 euros a través do Plan Concellos 2022 da Deputación de Pontevedra.

Concello de Nigrán, Teatro do Ar e Somos Terra crean o certame “Ollo con Nigrán”

Nigrán ten unha natureza única, que inspira. Con esta idea, o Concello de Nigrán, Teatro do Ar e a cooperativa ‘Somos Terra’ únense para lanzar o certame “Ollo con Nigrán”, un concurso vídeo-literario que nace para potenciar a creación artística en lingua galega ao tempo que divulga a gran riqueza medioambiental do municipio.

Nigrán solicita ampliar o recorrido de Lugove para dar servizo a Monteferro

O Concello de Nigrán agarda resposta á petición oficial, realizada á Xunta o pasado 19 de decembro, para que a liña Lugove pola costa se amplíe 700 metros co obxectivo de dar servizo a Monteferro.

O Val Miñor recibe un investimento histórico da Deputación

A presidenta Carmela Silva compareceu nun almorzo informativo en Baiona para dar conta da xestión realizada no Val Miñor durante os dous mandatos que está a piques de completar á fronte da Deputación.

A atención sobre violencia machista aumenta en Baiona

A concelleira de Igualdade do Concello de Baiona, Yasmina Moreira Costas, fai balance anual da súa área e destaca que "dende o seu departamento este ano xestionáronse subvencións para o funcionamento do CIM, contratación de vítimas de violencia de xénero e para o desenvolvemento de actuacións de sensibilización no eido da promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención da violencia de xénero , que deron como resultado a obtención de subvencións por importe de 117.679 €".

Rematados os traballos de emerxencia no castro de Panxón

O Concello de Nigrán rematou esta semana o traballo de prospección de emerxencia do castro de Panxón. As fortes chuvas de finais de decembro deixaron ao descuberto o pasado romano e castrexo deste núcleo ao producirse un desprendemento de terra sobre a praia da Madorra.

Nigrán ofrece un curso para axilizar a memoria

O Concello de Nigrán ofrece por vez primeira no Centro Social Municipal de Vilameán un curso para axilizar a memoria destinado a persoas maiores de 65 anos empadroadas no municipio.