Sábado, 10 Maio de 2025

Val Miñor

Nigrán conclúe este venres a entrega a domicilio de fotocopias ao estudantado ante a apertura o luns das copisterías

O Concello de Nigrán conclúe este venres o seu servizo de realización de fotocopias e posterior entrega a domicilio para todos aqueles alumnos sen medios técnicos ante a apertura o día 11 das copisterías e a ampliación da mobilidade.

Nigrán reabre o Punto Limpo en horario provisional matinal

O Concello de Nigrán, coincidindo co inicio da desescalada ante o Covid-19, reabríu esta semana o Punto Limpo da rúa Gándara en horario provisional matinal, de 9:00 a 14:00 horas, de luns a sábados. Este horario se manterá durante todo o periodo de desconfinamento (en todo caso o Concello anunciará calquera posible cambio ata recuperar o horario definitivo, que inclúe algunha tarde).

Baiona distribúe pantallas de protección entre o comercio do municipio

Persoal de Protección Civil do Val Miñor e persoas voluntarias de Baiona distribuíron, ao longo da mañá de onte, pantallas de protección entre os establecementos comerciais do municipio que, durante o estado de alerta, seguen a desenvolver a súa actividade ao estar estas incluídas nas consideradas como servizos esenciais no decreto do Goberno de España.

Nigrán inicia o reparto de máscaras de protección, pantallas e abreportas para os establecementos que abren ao público

O Concello de Nigrán iniciou onte luns a entrega de paquetes de autoprotección entre 30 establecementos de todo o municipio que retomaron a súa actividade. Os paquetes entregados constan de 5 máscaras homologadas, 5 solidarias (confeccionadas artesanalmente), 5 pantallas autoprotectoras realizadas con impresoras 3D e 2 abreportas lu-touch doados pola empresa Akwel Spain a través dun dos seus empregados, veciño de Nigrán.

Baiona modificará a ordenanza de Emerxencia Social para “axilizar o proceso e ampliar a súa cobertura”

Axilizar o proceso de tramitación das axudas de Emerxencia Social e ampliar o período de tempo de prestación das mesmas, é o obxectivo que persegue a modificación da correspondente Ordenanza na que traballa o Goberno local de Baiona xa que, o regulamento en vigor, limitaba as axudas de emerxencia social a dúas linas ao ano cunha duración de dous meses.

Nigrán celebra mañá o ‘Día Internacional do Jazz’ estreando en redes o vídeo resumo do ‘NigranJazz 2019’

O Concello de Nigrán sumarase virtualmente á celebración do ‘Día Internacional do Jazz’ mañá 30 de abril coa estrea en redes ás 19:45 horas do vídeo-resumo da celebración do Nigranjazz 2019 o 26 e 27 de xullo no esteiro de a Foz (canle @Nigranjazz, en Facebook, Instagram e Youtube).

Carlos Gómez cualifica de “irresponsables” as declaracións realizadas polo presidente de ACEBA

As manifestacións realizadas onte polo presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA), nas que, entre outras cousas, acusaba ao alcalde de Baiona, Carlos Gómez, de "desaparecer na toma de decisións" e ao Goberno local de "estar desaparecido na toma de decisións", foi hoxe contestado polo rexedor baiones que cualificou esas afirmacións de "irresponsables" e "desleais" ademáis de manter un discurso "claramente político representando a unha forza política que non conseguiu presenza no Pleno do noso Concello, ou tal vez si".

Peixe fresco, patacas, leite e ovos doadas por empresas para as familias máis vulnerables de Nigrán

O Concello de Nigrán realizou hoxe o seu reparto máis solidario de alimentos para paliar os efectos socioeconómicos do Covid-19 en 76 familias do municipio, xa que nesta ocasión o 100% dos produtos achegados foron regalados para este fin. Todos os produtos foron achegados esta mañá aos domicilios polo equipo municipal adicado á axuda a persoas en situación de vulnerabilidade ou especial illamento ante o Covid-19, servizo formado por todo o Goberno local.

Nigrán e Ovalmi editan unha guía de 28 establecementos para promover a compra no comercio local para o ‘Día da Nai’

O Concello de Nigrán continúa coa sua campaña para promover o comercio de proximidade entre a veciñanza apostando nesta ocasión, xunto a Asociación de Comerciantes Ovalmi, pola compra de agasallos para o Día da Nai no comercio local, para o que vén de editar unha guía cun total de 28 establecementos nos que poder mercar ditos presentes.

Rematan as obras da Avenida de Sabarís de Baiona realizadas ao abeiro do Plan DepoRemse da Deputación de Pontevedra

O Concello de Baiona vén de dar por rematadas as obras da Avenida de Sabarís, unha das entradas naturais ao municipio de Baiona, que se transforma nunha vía que se prioriza a seguridade viaria e a mobilidade peonil, dous dos principios básicos do plan DepoRemse da Deputación de Pontevedra, a través do que se desenvolveu esta actuación.

Protección Civil e persoas voluntarias de Baiona reparten máscaras de protección a poboación máis vulnerable

Protección Civil do Val Miñor e persoas voluntarias de Baiona, –entre as que estaban as concelleiras de Servizos Sociais, Concepción Vara, e Deportes e Cultura, Miriam Costas– comezaron hoxe a distribuír máscaras de protección ao sector de poboación máis vulnerable e polo tanto, de maior risco ao COVID-19, como poden ser as persoas maiores de 65 anos.

Espazos públicos e paseos fluviais limpos en Nigrán para que os nenos e nenas gocen do desconfinamento

O Concello de Nigrán abriu hoxe os espazos públicos e naturais do municipio (excluídos parques de entretemento con elementos de xogo e instalacións deportivas) para os paseos de menores de 14 anos e, precisamente con este fin, esta pasada semana levaba a cabo a limpeza do paseo do Río Muíños e Nespereira (Porto do Molle), xa que os que se atopen a menos dun ratio de 1 km. desde o seu domicilio poderán acudir a este lugar.