Domingo, 11 Maio de 2025

Val Miñor

O coronavirus obriga ao Barbeira Season Fest de Baiona a cambiar de emprazamento

O Barbeira Season Fest é un dos poucos festivais do verán galego que resiste o bofetón do coronavirus. Os que aguantaron tiveron que reinventarse para adaptarse ás novas normas sanitarias e de convivencia e o Barbeira Season Fest, que se celebra en Baiona o próximo 19 de setembro, tamén.

A Xunta inicia as obras para a eliminación dun treito de concentración de accidentes na contorna do Parque Empresarial da Pasaxe, en Gondomar

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de mellora da seguridade viaria na estrada autonómica PO-331, no contorno do parque empresarial da Pasaxe. Os traballos suporán un investimento da Xunta próximo aos 435.000 euros e estarán rematados este mesmo ano.

Cine e os concertos de “The hurt fingers” e Rubén de Lis no Baiverán de Baiona

Hoxe martes continúan as actividades culturais programadas polo Concello de Baiona e o seu departamento de Cultura dentro do Baiverán 2020. O cine abrirá esta semana no Parque da Palma. Hoxe, ás 23:00h, proxectarase en pantalla xigante o filme “Spiderman: lejos de casa”.

Nigrán abre o prazo de inscrición para o roteiro do xoves polo litoral e do sábado en Parada

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación de verán 'Equilibrio Natural', ten aberto o prazo de inscrición no mail [email protected] para participar no roteiro guiado deste xoves 6 polo litoral con saída ás 10:00 horas desde a Alameda de San Campio en A Ramallosa e o sábado en Parada (roteiro de 'Os Mouros´) con saída ás 10:00 desde a rúa Areíña. As prazas están limitadas por indicacións sanitarias e se cubrirán por rigorosa orde de solicitude. O Concello facilitará intérprete de lingua de signos en caso de que algunha das persoas que se inscriba indique esta necesidade no correo electrónico. O seguinte roteiro será o martes 11 por Monteferro coincidindo co solpor.

Nigrán traslada o ‘Festival Solpor’ de Monteferro ás Dunas de Gaifar para poder cumpir con todas as garantías sanitarias

O Concello de Nigrán celebra este venres e sábado o seu exitoso festival 'Solpor' no espazo público Dunas de Gaifar con Toni Lomba e Llorente&Tribu o venres e Deteriorados e La Franga o sábado. O evento musical organizado desde o Concello, como xa anunciara, abandona este ano o miradoiro de Monteferro para poder manter a gratuidade do mesmo cumprindo ao mesmo tempo con todas as garantías sanitarias, polo que o aforo será reducido e o público deberá permanecer en cadeiras.

C.B. Nigrán e Panxón Nigrán F.S. organizan un Campus Multideporte

O Club Baloncesto Nigrán e o Panxón Nigrán FS organizan, conxuntamente, o primeiro Campus Multideporte, actividade que conta coa colaboración do Concello de Nigrán. O Campus desenvolverase nas instalacións do Pavillón Municipal de Panxón en dúas quendas, a primeira desde o día 10 ao 17 de agosto e a segunda quenda do 17 ao 21.

Nigrán continúa o mércores co programa ‘A igualdade non é un conto’ coa aventura de Daniela Pirata

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres, continúa este mércores 5 de agosto ás 20:30 na Praza do Concello o programa “A igualdade non é un conto”, dirixido á infancia e que inclúe varios contacontos, un espectáculo de maxia e outro de monicreques que se desenvolverán ata o día 5 de setembro en diferentes ubicacións.

Nigrán poderá acometer a humanización da rúa Otero Pedrayo logo de que a Xunta dera luz verde ao cambio de titularidade do vial

O alcalde de Nigrán, Juan González, xunto a 'A.V. Monteferro', comunicou onte á veciñanza da contorna de Otero Pedrayo a aprobación onte por parte do Consello da Xunta do cambio de titularidade desta rúa a favor municipal, o que permitirá ao fin ao Concello emprender obras de humanización en solitario por valor de 1,5 millóns de euros. O goberno local levaba seis anos reclamando á Xunta unha intervención nesta estrada autonómica, que se atopa nun estado calamitoso e conta coas beiravías peor conservadas da provincia

Nigrán continúa este domingo co programa ‘A igualdade non é un conto’ destinado a rachar cos estereotipos de xénero dende a infancia

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres, continúa este domingo ás 20:30 no esteiro de A Foz (escenario Niranjazz) o programa “A igualdade non é un conto”, dirixido á infancia e que inclúe varios contacontos, un espectáculo de maxia e outro de monicreques que se desenvolverán ata o día 5 de setembro en diferentes ubicacións.

Unha fin de semana de grandes espectáculos no Baiverán de Baiona

Continúan as actividades culturais programadas polo Concello de Baiona e o seu departamento de Cultura dentro o Baiverán 2020. Esta fin de semana, o Parque da Palma convertirase no escenario dunha variada oferta de espectáculos. Hoxe venres, ás 23:00h, chega a Baiona o aplaudido espectáculo Mitic. A banda Mitic realiza un espectáculo que non deixa indiferente a ninguén. Scorpions, Bon Jovi, Edith Piaf, The Mamas & The Papas, Europe o Carlos Gardel son só algúns dos artistas que interpretan a través da gaita.

“Somos iguais. Contos pola igualdade” con Raquel Queizas en Baiona

O xardín do museo da navegación , acollerá hoxe venres 31 de xullo ás 20:00 horas unha sesión de contacontos da mán de Raquel Queizas baixo o título "Somos Iguais. Contos pola Igualdade". A actividade está drixida ao público familiar e recomendable a partir de catro anos. A actividade é organizada pola Concellería de Igualdade do Concello de Baiona, e financiada con cargo aos créditos recibidos o Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de xénero.

Nigrán conta xa coa sua propia cervexa promocional, ‘Nigrán, equilibrio natural’

Non adoita o Concello de Nigrán de facer presentacións sobre todo nestes temas nos que a pandemia segue marcando a rutina diaria. Pero, como sinalou o alcalde de Nigrán, Juan González, "hoxe era de xustiza facela" para presentar a saída ao mercado da cervexa promocional Nigrán, equilibro natural saída da firma miñorana Trisk-ale fundada polos irmáns Andrés e Roberto Toledano e, a modo de acompañamento desta presentación, dar a coñecer un amplo programa de actividades para o mes de agosto "que se farán cumprindo polo miúdo todas as garantías sanitarias", sinalou o rexedor local.