Mércores, 14 Maio de 2025

Val Miñor

Unha vintena de alumnos do Instituto Arxentino-Gallego Santiago Apóstol visitan Baiona

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, recibiu no Concello a un grupo de vinte estudantes do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstol de Buenos Aires.

Nigrán apsta por crear a primeira banda de música do municipio

O Concello de Nigrán dá este ano o primeiro paso de cara a crear a primeira banda de música do municipio. Isto será posible grazas a recén creada ‘Agrupación Musical Santiago de Parada’, que arranca xa como unha escola de música que formará desde a infancia unha canteira de instrumentistas locais que nutrirán esta futura banda.

Retomadas as obras da Rúa Carabela Pinta de Baiona

O Concello de Baiona retomou este luns, 18 de setembro, as obras de humanización na Rúa Carabela Pinta.

Nigrán informa da convocatoria do programa ‘Benestar en Balnearios’

O Concello de Nigrán informa da apertura do prazo de solicitude ata o 18 de outubro para participar no programa de 'Benestar en Balnearios 2023' da Consellería de Política Social, cun total de 1.204 prazas para as estancías e o tratamento termal para disfrutar entre o 22 de octubro e o 31 de decembro deste ano.

Regresan as catas ao Season Fest

O Season Fest, que se celebra en Gondomar ata o domingo, sempre programa actividades complementarias aos concertos para mellorar a experiencia do seu público.

Baiona prepárase para a Romaría de San Cosme e San Damián

Este luns, 25 de setembro, e o martes 26, festivo local, Baiona recupera a celebración da Romaría de San Cosme e San Damián.

Nigrán creará en 4 anos un percorrido seguro de 67 km en bicicleta

O Concello de Nigrán dará un paso de xigante nos vindeiros catro anos de cara a que a bicicleta sexa o gran referente da mobilidade sostible no municipio

A Xunta procede á limpeza dos ríos Miñor e Zamáns en Gondomar

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e de limpeza nos treitos interurbanos dos ríos Zamáns e Miñor, no concello de Gondomar.

Continúa o Ciclo Mestre Mateo en Baiona

Baiona acolle este venres 22 de setembro un novo pase da segunda edición do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra para achegar as longametraxes de ficción e documentais finalistas dos premios do audiovisual galego aos concellos da provincia.

Nigrán establece un servizo técnico para informar sobre o PXOM

O Concello de Nigrán establecerá desde o luns 25 de setembro ao venres 6 de outubro un servizo específico de atención a persoas interesadas en coñecer detalles concretos do documento previo do PXOM que se proporá para aprobación provisional.

Nigrán retoma os cursos de envellecemento activo

O Concello de Nigrán retomou esta semana os cursos de envellecemento activo despois das vacacións de verán. En total, participan 170 maiores do municipio (cifra récord) nas diferentes actividades ofrecidas no Centro da Terceira Idade de A Ramallosa e, por vez primeira, tamén no Local Social de Vilameán .

Baiona ofrece un taller de arte terapia para mulleres

O Concello de Baiona abre o prazo de inscrición para participar no taller de arte terapia” Ti creas, expresas, contas:Ti transformas”. Dirixido a mulleres co obxectivo de promover o desenvolvemento da creatividade.