“Neste verán optamos por multiplicar os roteiros porque temos un potencial inmenso que, nestas circunstancias sanitarias, é ideal para desenvolver con todas as garantías e tamén para mostrar a outra cara de Nigrán, que vai moito máis alá da praia. Tal como imaxinábamos foi un verán con con especial demanda deste tipo de actividades e quixemos darlle toda a cabida posible”, xustifica o alcalde, Juan González.
O auditorio de Nigrán acolleu hoxe, luns 31 de agosto, a inauguración da exposición “Galicia Escandinava. Ou Camiño do Oeste a Santiago de Compostela”, unha mostra que analiza as pegadas das culturas galega e escandinava en ambos os territorios. A exposición está organizada pola Fundación Carlos Casares e o Concello de Nigrán no marco das actividades do programa Ou teu Xacobeo, da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia. No acto estivo presente o Alcalde de Nigrán, Juan González, a concelleira de cultura, Nuria Lorenzo, membros do goberno e o comisario da mostra e Director da Fundación Casares, Gustavo Adolfo Garrido.
O CB Nigrán comeza con moitas ganas unha nova tempada despois de ter que interrupir a anterior no pasado mes de marzo e faio cumprindo con todas as medidas hixiénico sanitarias antiCOVID plasmadas nun documento que levan xa semanas elaborando. Este protocolo , que cumpre as indicacións dadas pola Xunta, recolle tanto aspectos xerais de volta á actividade como as medidas concretas de actuación para o desenvolvemento dos diferentes adestramentos (grupos reducidos, máscaras, distancia de seguridade, desinfección de material, xeles na recepción e despedida dos nenos e nenas, adestramentos sen contacto físico etc).
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe novos investimentos para os concellos da provincia por case seis millóns de euros (5.916.722,25€). Da citada cantidade, 2,2 millóns corresponden a achegas do Plan Concellos, 654.600 euros son para a contratación de 111 persoas no marco do programa de fomento de empregabilidade “O teu primeiro emprego” nos concellos, e os 3 millóns restantes permitirán a 43 municipios realizar obras de renovación sostible das instalacións de iluminación exterior ao abeiro das convocatorias do Ministerio para a Transición Ecolóxica a través do IDAE.
O Obradoiro de emprego “Crea e Coida Miñor” formado polas especialidades de “Atención Socio sanitaria a persoas en domicilios e a persoas dependentes en institucións sociais” e “Deseño de produtos gráficos”, pretende cubrir un aspecto clave da actividade do Val Miñor, por un lado atender a un colectivo, cada vez máis numeroso, de persoas dependentes tanto en institucións como en domicilios e por outro aspectos transversais que afectan como a especialidade de creación e el deseño gráfico.
O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres e cofinanciado pola Deputación de Pontevedra, organiza un programa de teleformación destinado a mulleres empadroadas en Nigrán, darase preferencia ás mulleres en situación de desemprego.
No caso de que non se cubran a totalidade das prazas poderan participar mulleres empadroadas noutros concellos.
O pasado día 26 de agosto as artistas implicadas na mostra "Miradas na Igualdade" reuníronse para recoller as pezas que ocupaban os espazo polivalente do andar inferior da biblioteca. Con este feito, ponse fin a unha etapa na que se puña o foco no papel das mulleres de Baiona e da súa contorna.
O Concello de Baiona está a realizar traballos de reparación e mellora da fachada do CEP Sabarís, unha actuación que a dirección do colexio trasladoulle ao concelleiro de Educación, Óscar Carreño, e que o Goberno local acomete dentro da liña de colaboración que mantén aberta cos centros educativos do concello.
O Concello de Nigrán e a asociación Revolto Artesán Galego ofrecen esta fin de semana durante todo o día un mercado de coleccionismo e antigüidades na Alameda de A Ramallosa cumprindo co protocolo covid-19 e coa animación de DJ Gramola de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. A maiores, os nenos entre 6 e 10 anos poderán anotarse a obradoiros de manualidades de 17:00 a 18:00 horas inscribíndose antes no mail [email protected].
O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial do verán, acolle este sábado 29 de agosto, ás 19:00 horas no barrio de Sancho (Panxón), a estrea do último espectáculo do mago Rey Midas 'De principio a fin' con motivo da festa de 'San Juan Degollado'.
O Concello de Baiona vén de rematar a instalación de tres bancos no CPI Cova Terreña dentro da liña de colaboración que o Goberno local mantén aberta con todos os colexios do municipio e que busca dar resposta “a todas a necesidades que nos formulen os centros educativos do municipio e dentro das posibilidades do propio Concello”, sinala o alcalde de Baiona, Carlos Gómez.
O Concello de Nigrán pecha os roteiros da súa programación de verán 'Equilibrio Natural' con un polo Camiño Portugués pola costa este domingo 30 con saída ás 10:00 desde a Alameda de San Campio. Os interesados deben inscribirse previamente no mail [email protected] indicando os seus datos.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.