O Concello de Baiona subscribiu un convenio con CaixaBank a través da Obra Social 'La Caixa' para financiar un programa de atención urxente e prioritaria dirixido a paliar as situacións de emerxencia social de persoas e familias en situación de vulnerabilidade fronte a Covid-19. A liña de axudas centrarase en cubrir as necesidades escolares das familias do municipio.
O goberno de Nigrán presentou esta mañá na Comisión de Contas previa ao pleno do vindeiro luns o plan estratéxico de subvencións 2020-2023 co obxectivo de que queden consignadas xa nos respectivos orzamentos. Como en anos anteriores, mantéñense igual as habituais axudas a actividades deportivas, culturais, participación veciñal, servicios sociais, educación (material escolar) ou empregabilidade (becas para o primeiro emprego ou oficina de turismo) e engádense importantes novidades como axudas ás comunidades de augas ou subvencións directas a varias entidades. Tamén como en anos anteriores, o Concello destina 56.000 € á bonificación a súa veciñanza do Transporte Metropolitano de Galicia na área de Vigo.
Un lume nun alboio, obrigaron a intervir aos profesionais sanitarios para atender a unha persoa que sufriu diferentes problemas a raíz do incendio.
Este incidente...
A Casa do Concello de Baiona tinguiuse esta pasada noite de cor verde. Con esta iniciativa o Concello baionés sumábase a conmemoración do Día Mundial do Alzhéimer, efeméride instituida pola Organización Mundial da Saúde (OMS) e auspiciada por Alzhéimer Disease Internacional ( ADI) en 1994.
O Concello de Baiona celebra hoxe martes, 22 de setembro, o día da 'Cidade sen coche! idea que ten a súa orixe na iniciativa europea da 'Semana Europea da Movilidad', que pretende atopar novas solucións aos problemas asociados ao aumento do tráfico nas cidades. Na carpa situada na praza do Concello de Baiona expoñeranse un vehículo eléctrico e outro híbrido para que os cidadáns achéguense a coñecer os beneficios desta nova modalidade de automóbiles.
A Fundación Érguete-Integración, Deputación de Pontevedra e o Concello de Nigrán presentaron esta mañá no Centro Antena o curso ‘Acompañante de transporte escolar e comedor escolar’ de mellora da empregabilidade para 15 en paro. Ao acto acudíu o alcalde de Nigrán, Juan González; a presidenta da fundacion, Carmen Avendaño; e o deputado provincial Carlos López Font.
Unha muller quedou atrapada despois de bater co seu coche contra un muro en Nigrán.
Para liberar á única ocupante do vehículo foi necesaria a intervención dos equipos de salvamento e excarceración, que facilitaron, deste modo, a atención sanitaria.
O Concello de Nigrán e a Comunidade de Montes de Chandebrito continuarán coa escavación e musealización do Castro de Chandebrito acometendo traballos para conservar, consolidar e restaurar a muralla superior do primeiro recinto, datada no VIII a.C. Con este obxectivo o Concello tramitou xa unha subvención por importe de 13.000 € á Deputación de Pontevedra destinada á rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural.
O Concello de Baiona, en colaboración cos centros educativos do municipio, implantou unha serie de medidas para protexer á comunidade escolar ante a actual situación sanitaria. Entre as medidas levadas a cabo atópase a distribución de espazos nos centros polo que dende o Concello axudaron nesta tarefa mediante a cesión de valos, que permiten a correcta circulación e disposición do alumnado.
O Concello de Nigrán abre do luns 21 de setembro ao sábado 26 o prazo de inscrición para as actividades deportivas municipais e culturais, que arrancarán o 5 de outubro e se manteñen igual que o ano pasado pero cun aforo reducido de entre un 50% e 30% en grupos de como máximo 10 persoas e cun protocolo específico de seguridade supervisado polo Servicio de Prevención de Riscos Municipal.
O artista invidente Serafín Zubiri, acompañando pola pianista e profesora do conservatorio de Gondomar Brenda Vidal e a Banda de Música de Vincios, despedirán este sábado 19 de setembro o verán no campo de fútbol de Lourido (Nigrán, 21:00 horas) co concerto inclusivo “Lembrando a Nino Bravo”. Con esta unión de talentos musicais exposta ex-profeso para a ocasión desde ‘Un Nigrán para todos’ o Concello adianta a celebración do Día Internacional das Persoas Xordas do día 26 de setembro.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.