A artista de Baiona Lula Goce, internacionalmente recoñecida polos seus impactantes murais, ven de rematar en Panxón a súa maior obra na comarca grazas á iniciativa do Concello de Nigrán. O goberno local contratou este verán a Goce a ilustración dun muro de algo máis de 200 metros cadrados de superficie ubicado na subida da rúa Gondomar (ao carón do cemiterio, pavillón e Escola Infantil Dunas).
Baiona iluminou de cor rosa a Casa do Concello na noite deste luns ao amparo da conmemoración do Día Mundial do Cancro de Mama, que se celebra cada 19 de outubro. Deste xeito a institución únese á demanda de ADICAM, a Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama e xinecolóxico, para visibilizar ás persoas afectadas pola enfermidade.
O concurso ten como obxectivo promover, dentro do ámbito educativo a reflexión ao redor da promoción da igualdade entre mulleres e homes así como a loita contra a violencia de xénero, e sensibilizar sobre a importancia de valores como a igualdade entre mulleres e homes e o respecto.
O Concello de Nigrán participou este domingo por cuarto ano consecutivo na décima xornada de limpeza simultánea de praias en toda Galicia capitaneada pola asociación ecoloxista Adega. Así, unha trintena de persoas (divididas en grupos de 10, ou de convivintes, por protocolo sanitario) retiraron preto de 50 kilos de lixo das calas que rodean Lourido, fundamentalmente pequenos anacos de plástico. Maioritariamente recolléronse cachos de botellas de auga, de aparellos de pesca, latas…
O Concello de Nigrán cancela as actividades programadas no Auditorio Municipal e de voluntariado nas dunas de Panxón e apraza o inicio dos obradoiros para maiores mentres dure o estado de alerta vermella por Covid-19 no municipio. O goberno local, tal e como fixo suspendendo a gala dos Premios Nigrán este sábado 17 de outubro, toma esta decisión por responsabilidade ante o aumento do número de contaxios.
O Concello de Baiona puxo en marcha un programa de atención urxente e prioritaria dirixido a paliar as situacións de emerxencia social de persoas e familias en situación de vulnerabilidade ante a Covid-19. A liña de axudas centrarase en cubrir as necesidades escolares das familias do municipio.
O home foi rescatado a bordo do helicóptero do Servizo de Gardacostas de Galicia tras caer nas rochas, nunha zona de difícil acceso en Panxón, no termo municipal pontevedrés de Nigrán.
Segundo a información facilitada aos xestores do 112 Galicia polos equipos de intervención que acudiron ao lugar dos feitos, o varón foi evacuado ao Hospital Álvaro Cunqueiro.
O Concello de Nigrán renovou este verán toda a sinalización da rede de sendeiros municipal e, recentemente, instalou paneis informativos adicionais nos tres únicos que carecían deles: Chandebrito, Os Matos (Camos-Chandebrito) e Monteferro, estes só tiñan sinalización de percorrido mediante postes. O traballo correu a cargo da cooperativa ‘Árbore Arqueoloxía e Restauración’ (a mesma que se encargou da escavación do Castro de Chandebrito).
O Concello de Nigrán, a Comunidade de Montes e a AVCD “O Castro” de Chandebrito quixeron onte recoñecer a labor da Xunta de Galicia tras a vaga de lumes de 2017 coincidindo cos actos de celebración do terceiro aniversario daquel 15 de outubro. A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, recolleu na noite deste sábado, nun acto organizado na Igrexa de San Xosé de Chandebrito, o agasallo que acredita a implicación do Executivo autonómico na recuperación da zona así como nas medidas adoptadas e executadas para previr futuros lumes.
O Concello de Nigrán adica o seu Mes de Recuperación da Memoria Histórica a José Vázquez Grela, mestre republicano de Nigrán asasinado o 12 de setembro de 1936. Así, esta mañá quedou instalado no parque inagurado no 2018 e que leva o seu nome (ao carón da Avda.Val Miñor, onde estaba a súa escola) un panel coa súa biografía, fotos e documentos da ‘Comisión Depuradora del Personal de Magisterio de Pontevedra’. Ao lugar acudíu o alcalde acompañado do neto de Grela, José Vázquez, e da edil de Cultura, Nuria Lorenzo.
O domingo, 18 de outubro, ás 12:00 horas o vestíbulo da Casa do Concello de Baiona acollerá a conversa 'Diversidades nas Artes Escénicas', actividade que correrá a cargo de Mónica Sueiro, directora da aula de teatro de Baiona e do colectivo 85C de Vigo, e que está enmarcada dentro da programación 'OutubroDiverso', un completo programa de actividades ao redor da visualización das realidades LGBTIQA+ que se sucederán ao longo do mes de outubro e que se celebra por primeira vez na Vila.
Este sábado 17 terá lugar unha nova xornada de limpeza de praias en Patos, Nigrán. Outro ano máis o Concello de Nigrán e a AEESP (Asociación de Escolas de surf de Patos) uniron forzas para levar a cabo esta iniciativa que quere concienciar sobre a contaminación causada polo lixo no mar, especialmente os plásticos que se atopan nas praias.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.