O Concello de Nigrán celebra a solución adoitada pola Deputación de Pontevedra para por fin ao risco de desprendemento de grandes rochas desde a ladeira do monte nun tramo de 50 metros da estrada de Camos a Chandebrito, á altura do barrio de Piñeiros.
A Deputación de Pontevedra está a transformar Baiona con importantes investimentos en infraestruturas, mobilidade e equipamentos municipais para os que destina un orzamento de máis de 600.000 euros. Entre as actuacións destacan as obras de reposición de firme en todo o trazado da EP-2204 Sabarís-Belesar, cuxa execución inminente anunciaron hoxe o deputado provincial Gregorio Agís e a deputada Iria Lamas, nunha visita á localidade xunto ao concelleiro de Vías e Obras, Óscar Martínez.
A instalación desta nova caldeira responde á política de aforro enerxético e á aposta polo uso de Enerxías Renovables que desde o Concello de Gondomar, a través da súa Concellería de Medio Ambiente, vén apostando desde o inicio da lexislatura.
O Concello de Baiona iniciou hai uns días o proceso de redacción do seu Plan de Mobilidade Sostible para o que, nestas semanas, a empresa redactora está a realizar unha primeira análise da situación do concello en termos de mobilidade e calidade dos espazos públicos.
O Concello de Nigrán realizará desde este venres 29 de xaneiro unha nova campaña para promover os pedidos a domicilio na hostalería do municipio tras as novas restricións anunciadas pola Xunta de Galicia que supoñen o peche deste sector, permitindo só a comida para levar.
O Concello de Nigrán consignará 12.000 € do seu orzamento 2021 para crear un plan estratéxico de erradicación da herba da pampa ou cortaderia selloana, especie invasora fácilmente identificable polos seus plumeiros de sementes.
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, informou que o Goberno galego xa abonou 6,5 millóns de euros das axudas concedidas ao sector da hostalería na área de Vigo.
O Concello de Nigrán ultima a instalación do primeiro parque de calistenia-street workout da comarca ao carón do Pavillón Municipal de Panxón mediante o investimento de 14.000 € a cargo das baixas do Plan Concellos 2018. Deste xeito, o deporte de moda a nivel mundial entre a mocidade poderá ser practicado no municipio a partir do mes de febreiro, cando estea xa concluída a colocación desta complexa estrutura da marca Kenguru, a mellor valorada polos usuarios e a única homologada no campionato mundial.
O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, anunciou na tarde de hoxe a suspensión temporal de "toda actividade deportiva municipal". A suspensión afecta á oferta de escolas deportivas para á infancia e adultos, á práctica do deporte escolar e ás instalacións deportivas municipais.
En total repartiranse entre os colexios de Educación Pimaria do municipio vinte lotes con diferente material cuxo obxectivo é achegar ao alumnado a conceptos relacionados co medio ambiente e familiarizalos cos recursos que teñen ao seu alcance para coidalos.
O goberno local de Nigrán proporá un novo plan de axudas directas á hostalaría do municipio ante a persistencia das restricións sanitarias que limitan directamente o traballo do sector. Esta nova convocatoria súmase á actualmente en vigor.
O Concello de Nigrán establece deste esta mesma semana e mentres duren as restricións máximas a apertura do Roupeiro Municipal só mediante cita previa no 986365000 ou no mail [email protected].
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.