Domingo, 6 Xullo de 2025

Val Miñor

José Luis Álvarez, presidente do MRCYB, “O Monte Real está máis vivo que nunca”

A piques de cumprirse un ano da declaración do estado de alarma derivado do coronavirus, o presidente do Monte Real Club de Iates de Baiona, José Luis Álvarez, fai balance do que significaron para o club estes últimos meses de confinamentos e restricións; e das actuacións que lles permitiron ser unha excepción nun panorama desolador.

Entra en vigor o novo regulamento do punto limpo de Gondomar

Gondomar continúa a dar pasos para converterse en municipio de referencia en materia medioambiental. Este mesmo xoves entra en vigor o novo regulamento de funcionamento do punto limpo, unha normativa revisada e actualizada que buscaba dar resposta ás necesidades da veciñanza e que incorpora importantes melloras.

Baiona presenta a súa Festa da Arribada “máis especial”

A Capitanía Marítima de Baiona acolleu esta mañá a presentación oficial da XXVI Edición da Festa da Arribada, unha edición moi especial que este ano tivo que ser posposta para a primeira fin de semana de outubro, concretamente o 1, 2 e 3 de outubro, sendo o día 1 festivo local en Baiona.

Vive Nigrán anuncia a súa primeira confirmación na súa quinta edición

O festival regresa ao recinto no que naceu en 2017 –o Campo de fútbol de Monte Lourido– e adaptarase a un formato “especial” con asentos e aforos limitados. As entradas para este primeiro día anunciado poñeranse á venda este venres.

As mulleres de Gondomar, protagonistas na celebración do 8 de Marzo 2021

Mozas, maiores, nenas, traballadoras, estudantes ou mulleres en paro todas sumáronse a achegar a súa imaxe como símbolo do papel que representan na sociedade e sumarse así aos actos que este ano organizou o Goberno local con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora, ante a imposibilidade de celebrar manifestacións ou concentracións debido á situación de emerxencia na que se atopa o país.

O C.B. Nigrán fai que o pavillón de Panxón volva a ‘respirar’ baloncesto

El C.B. Nigrán, todos o sabemos, pode co que lle boten, incluso con ter que interromper unha tempada no mes de xaneiro sen tempo sequera para comezar a competición. As ganas poden con todo e por iso o Club retoma agora a tempada pero, iso si, "cumprindo con todas as medidas sanitarias anticovid marcadas tanto pola Secretaría Xeral para o Deporte coma pola Ferderación Galega de Baloncesto", explican dende o club de Nigrán.

Os camiños de Mañufe, en Gondomar, estrean pavimento e gañan en seguridade tras un investimento de 78.000 euros da Deputación

A veciñanza do barrio Cristillón e do camiño de Levadas-A Cruz, ambos na parroquia gondomaresa de Mañufe, gozan de accesos completamente renovados despois doas obras realizadas polo Concello con cargo ao Plan Concellos da Deputación, cun investimento total que supera os 78.000 euros.

Baiona modificará a ordenanza fiscal do lixo para incorporar a bonificación de Sogama que baixará o recibo á cidadanía

O concello de Baiona trasladará aos veciños e veciñas a rebaixa do canón que o Concello paga a Sogama en concepto de tratamento do lixo. O alcalde Carlos Gómez Prado, solicitou a Sogama unha bonificación do 10 % no custo do tratamento de residuos durante este ano e o próximo, “tendo en conta que o Concello está en condicións de garantir a aplicación de medidas de redución de lixo e fomento da reciclaxe. Esta proposta supón que SOGAMA factúrelle ao Concello de Baiona 39.731,17 euros menos cada uns dos exercicios”.

O Concello de Nigrán incorpora sendos conserxes interinos ao CEIP Carlos Casares e ao pavillón de deportes

O Concello de Nigrán ven de incorporar a sendos conserxes municipais ao CEIP Carlos Casares de Vilariño e ao Pavillón Municipal de Panxón con carácter de interinidad ao cubrir cadansúa praza de persoal xubilado.

Nigrán aproba a renovación completa da tubaxe de impulsión en Torrente Ballester para impedir calquera posible verquido á foz

O goberno de Nigrán aprobou onte o proxecto de obra por valor de 108.150 € para instalar unha nova tubaxe de impulsión no tramo de Torrente Ballester, na Ramallosa, zanxando así con calquera posible problema de verquidos á Foz do Miñor en caso de roturas.

“Emprégate desde a Igualdade” entra na segunda fase e aposta pola inserción socio-laboral de 16 mulleres desempregadas

A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona, a través do Centro de Información á Muller, puxo en marcha no mes de novembro o programa “Emprégate desde a Igualdade” para mellorar a inserción socio laboral das mulleres.

O alcalde de Nigrán recibe ao club de BTT ‘Bicivoadores Val Miñor’ para trasladarlles o apoio do Concello

O alcalde de Nigrán, Juan González, recibiu na Casa Consistorial aos ciclistas do clube de BTT ‘Bicivoadores Val Miñor’ para trasladarlles o apoio do Concello tras inscribirse como asociación deportiva no Rexistro Municipal de entidades deportivas.