Luns, 15 Setembro de 2025

Val Miñor

Baiona renovará o alumeado público de varias zonas do rural para dotalas de tecnoloxía LED

O Concello de Baiona seguirá sumando tecnoloxía LED á súa rede de alumeado público. Para iso vén de publicar o anuncio de licitación para a renovación de dito alumeado en diferentes puntos do rural baionés. O concelleiro responsable da iluminación pública, Óscar Martínez Álvarez, explica que o contrato "inclúe a substitución dun total de 158 luminarias por tecnoloxía LED de alta calidade".

Nigrán leva a todos os seus centros educativos un ‘escape room’ de igualdade

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), arrancou esta semana un “escape room” de igualdade e prevención da violencia de xénero pioneiro en Galicia que rotará por todos os seus centros educativos ata o 7 de maio (está destinado a 6º de Primaria, 1º e 2º da ESO).

O Monte Real celebra as súas 43 primaveras co Trofeo Repsol

A Regata de Primavera do Monte Real Club de Iates de Baiona cumpre este ano o seu cuadraxésimo terceira edición coa celebración, a próxima fin de semana, de dúas regatas costeiras na ría de Vigo. A histórica cita do club baionés, unha das máis importantes da vela pesada en Galicia e unha das máis lonxevas do panorama náutico español, volve a escena patrocinada un ano máis por Repsol, ratificando así o apoio que, desde hai anos, a empresa enerxética presta ao deporte da vela.

Baiona tínguese de laranxa para visibilizar a loita contra a fibrose quística

Baiona iluminou de cor laranxa a casa do Concello na noite deste luns ao amparo da conmemoración do Día Nacional da Fibrose Quística, que se celebra hoxe 28 de abril. Deste xeito a institución baionesa únese á demanda da Asociación Galega de Fibrose Quística, co obxectivo de visibilizar a enfermidade.

A XXXI Festa da Bicicleta será semi virtual

Esta mañá tivo lugar a presentación da XXXI edición da Festa da Bicicleta, sen dúbida, a súa edición máis especial xa que a tradicional cita deportiva do Val Miñor adaptouse á época COVID.

O Goberno de Nigrán aproba cuadriplicar o orzamento do SAF e dá luz verde ao segundo rescate municipal da hostalería

O Concello de Nigrán cuadriplicará o orzamento destinado ao servizo de axuda a domicilio, o que permitirá duplicar o número de usuarios ao incrementarse de 165.000 € anuais a 580.000 €.

Concello, hostaleiros e Aceba porán en marcha un proxecto de asesoramento ao sector hostaleiro sobre as medidas COVID

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, reuniuse onte co presidente da Federacion Provincial de Empresarios de Hosteleria de Pontevedra (Feprohos), César C. Sánchez-Ballesteros Fernández e o presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona( ACEBA), Marcos Comesaña para tratar da posta en marcha dun proxecto conxunto de asesoramento ao sector servizos da vila para cumprir as medidas de seguridade respecto ao COVID 19.

O Trofeo Comunica xa ten vencedores

Un total de 41 veleiros de España e Portugal disputáronse este sábado na ría de Vigo o Trofeo Comunica, a primeira das seis regatas de vela pesada que o Monte Real Club de Yates ten programadas para este 2021.

O Concello de Nigrán realiza obras de accesibilidade no cemiterio de Parada

O Concello de Nigrán rematou a pasada semana as obras para mellorar a accesibilidade no cemiterio de Parada, o único municipal xunto co de San Fiz (Nigrán).

Nigrán e Cespa-Ferrovial ofrecen unha clase práctica de limpeza vial e mantemento de zonas verdes para o alumnado do CEE Juan María

O Concello de Nigrán, a través da súa concesionaria de recollida de basura e limpeza viaria, Cespa-Ferrovial, ofreceu onte a derradeira clase que pon fin ao curso de ‘Limpeza Vial e Mantemento de zonas axardinadas’ que estiveron levando a cabo desde inicios de ano 7 mozos e mozas do CEE Juan María. O Concello facilitara previamente os seus espazos verdes para a realización de prácticas laborais pertinentes.

Ginebras, novo nome confirmado para Vive Nigrán 2021

O festival Vive Nigrán regresa na súa 5ª edición ao recinto no que naceu en 2017 –o Campo de fútbol de Monte Lourido– e adaptarase a un formato “especial” con aforos limitados.

Baiona instala contedores de aceite doméstico usado

A instalación de contedores específicos destinados á recollida de aceites de uso doméstico, estratexicamente distribuídos en todo o termo municipal, veñen facilitar desde hai uns días a reciclaxe no Concello de Baiona.