O Concello de Nigrán abre o prazo de inscrición para participar no novo programa de voluntariado ambiental incluído no proxecto do GALP ‘Recuperando o litoral. Accións de mellora patrimonial e ambiental de Praia América e Panxón’. Ademais, enmarcado tamén no ámbito divulgativo deste proxecto, haberá diferentes roteiros ao longo do mes, todos con inscrición previa e limite de aforo por protocolo sanitario.
O Concello de Nigrán consigna por vez primeira na súa Historia unha axuda directa de 2.500 € anuais ata o ano 2023 á asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, responsable do programa ‘Vacacións en Paz’ no que participa o municipio e que consiste en traer a menores a Galicia para apartalos das inclemencias do verán nos campamentos de refuxiados de Arxelia e, ao mesmo tempo, recibir atención médica.
O Concello de Nigrán estreará na comarca do Val Miñor nas vindeiras semanas o programa ‘Xantar na Casa’, un servizo de comida a domicilio destinado a garantir unha alimentación saudable a persoas maiores de 60 anos, dependentes ou en risco de exclusión social e para o que xa está aberto o prazo de solicitude. O obxectivo final desta iniciativa enmarcada no programa municipal 'Un Nigrán para todos' é aumentar a calidade de vida destas persoas con problemas de automomía, tendo un custe simbólico para o beneficiario de 1,76 € por menú (Concello e Xunta aportan o resto ata 6,60 €).
O Concello de Nigrán conmemorou esta mañá o 1 de Outubro, Día Internacional das Persoas Maiores, cunha pequena andaina desde o CEIP da Cruz ata o novo miradoiro do pericoto de Vilar, en Camos. Así, un grupo de 30 persoas de idade previamente inscritas para cumprir estrictamente o protocolo sanitario puido gozar das abraiantes vistas de toda a comarca ao tempo que degustaba chocolate con rosca, ademais, o Concello os agasallou cun diploma e unha mochila.
O Concello de Nigrán celebrará un ano máis o 'Mes do Teatro' al longo de outubro engadindo tamén a conmemoración das Letras Galegas o día 31, nova data designada pola Real Academia Galega ao coincidir o 17 de maio en confinamento. En total, haberá tres representacións de teatro os sábados 3, 10 e 24 de outubro e un concerto o 31, todas estas actuacións serán no Auditorio Municipal ás 20:00 horas cun aforo limitado a 54 persoas para manter a distancia de seguridade.
O Concello de Nigrán ven de estrear esta mañá unha electroliñeira de Iberdrola ao carón do Centro de Negocios do parque empresarial Porto do Molle e contará nos vindeiros días con outra igual en Panxón, o que sitúa novamente ao municipio na vangarda das políticas medioambientais de España. Así, a localidade ostenta o récord de electroliñeiras en Galicia (dispón desde 2018 dunha semi-rápida municipal e gratuíta pegada á Casa do Concello) e é a única da comunidade que, ademais, ten todas situadas en espazos públicos.
O Concello de Nigrán dá un paso máis no seu proxecto 'Un Nigrán para todos' consignando por vez primeira na súa Historia unha axuda directa de 4.000 € anuais ata o ano 2023 ao centro Castro Navás da Fundación Menela, situado na parroquia de Priegue. O obxectivo desta nova liña estratéxica aprobada no Pleno de onte é constribuír á axuda ás persoas con trastorno do espectro autismo e as súas familias a través do plan que a dirección da entidade considere oportuno deseñar.
O Concello de Nigrán aprobou no pleno ordinario deste mes o plan estratéxico de subvencións 2020-2023 co voto a favor de toda a corporación, o que significa que quedarán xa consignadas nos respectivos orzamentos. Tal e como se anunciara, mantéñense iguais as habituais axudas a actividades deportivas, culturais, participación veciñal, servicios sociais, educación (material escolar) ou empregabilidade (becas para o primeiro emprego ou oficina de turismo) e engádense importantes novidades como axudas ás comunidades de augas (10.000 €) ou subvencións directas a varias entidades (CEE Juan María, Menela e Solidariedade Galega co Pobo Saharaui).
O Concello de Nigrán sumouse por sexto ano consecutivo este domingo ao “Proxecto Móllate polos Ríos”, coordinado pola asociación ecoloxista Adega e que nesta ocasión se centrou no último tramo do río Muíños, onde se retiraron preto de 500 kg de lixo na 'XIII Limpeza Simultánea' en 49 municipios de toda Galicia.
Un incendio nun taller de motos obriga a desaloxar por precaución un edificio situado na Avenida de Val Miñor, en Nigrán.
Deste xeito, os veciños puxéronse a salvo mentres duraron os traballos para a extinción do lume, que chegou a afectar a dúas persoas que estaban no interior do taller.
O Concello de Nigrán rematará este mes as obras para dotar de aseos accesibles ao cemiterio municipal situado no Ceán (carecía desta infraestrutura) e de ampliación con 20 novos nichos. O investimento, de preto de 50.000 €, dará resposta aos usuarios do camposanto que, desde hai anos, demandaban dispor de aseos; por outra banda, moitas persoas manifestaban o seu interese por facerse con nichos.
O Concello de Nigrán celebrará un ano máis o Día Internacional das Persoas Maiores este xoves 1 de outubro, nesta ocasión constará, se o tempo o permite, dunha andaina ata o miradoiro do pericoto de Vilar (Camos) e homenaxe posterior. Por cuestións de protocolo sanitario estará limitada a participación a 30 persoas
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.