14.4 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán abre o prazo de inscrición para un novo programa de voluntariado...

    Nigrán abre o prazo de inscrición para un novo programa de voluntariado ambiental para recuperar o ecosistema dunar de Praia América

    A iniciativa encádrase no proxecto subvencionado polo GALP de recuperación do litoral de Nigrán e inclúe 3 xornadas de eliminación de plantas invasoras e de recollida de lixo e posterior roteiro ambiental

    O Concello de Nigrán abre o prazo de inscrición para participar no novo programa de voluntariado ambiental incluído no proxecto do GALP ‘Recuperando o litoral. Accións de mellora patrimonial e ambiental de Praia América e Panxón’. Ademais, enmarcado tamén no ámbito divulgativo deste proxecto, haberá diferentes roteiros ao longo do mes, todos con inscrición previa e limite de aforo por protocolo sanitario.

    As xornadas de voluntariado ambiental os días 10, 17 e 24 de outubro consistirán na eliminación de plantas exóticas invasoras, mellora das condicións dunha planta ameazada, recollida de lixo e realización de actividades divulgativas e de sensibilización sobre o litoral. Estas actividades matinais de voluntariado (de 11 a 14:00 horas) estarán guiadas por un educador ambiental e a asociación ecoloxista Amigos da Terra e complementaranse con roteiros ambientais durante a tarde (16:00 horas) só para este voluntariado, coa finalidade de agradecer o seu traballo e aumentar a súa sensibilización na conservación do espazo. Os interesados deben ser maiores de idade e inscribirse a través do mail turismo@nigran.org aportando os seus datos e indicando no asunto ‘Voluntariado Ambiental’. A inscrición está aberta a un ou varios días, debendo indicalo o interesado. Toda a actividade cumprirá coa Ley de Voluntariado, polo que tamén incluirá o xantar.

    Igualmente, o Concello realizará tres roteiros ambientais ao marxe das xornadas de voluntairado. O primeira será o 11 de outubro por Monteferro, o segundo o 25 de outubro polo esteiro de A Foz do Miñor e o último o 31 de outubro polo espazo dunar de Praia América. Finalmente, realizaranse sendos roteiros temáticos, un sobre a cultura mariñeira de Nigrán o 18 de outubro e outro  sobre o patrimonio etnográfico do mar o 1 de novembro. Todos serán ás 11:30 horas e, por cuestións de protocolo sanitario e o consecuente límite de aforo, é preciso a inscrición previa no mail turismo@nigran.org indicando os datos de todos os participantes e o roteiro en concreto no que se desexa participar.

    Obras

    O proxecto ‘Recuperando o litoral. Accións de mellora patrimonial e ambiental de Praia América e Panxón’ obtivo a maior puntuación do GALP, que o subvenciona con 45.451,23€ e inclúe un apartado de intervencións. Así, construirase un observatorio de aves, e instalarase unha varanda de seguridade na pasarela existente na duna de Praia América-Lourido e unha pasarela flexible de madeira para o acceso á praia en catro puntos da mesma.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.