12.8 C
Pontevedra
Domingo, 26 de Marzo de 2023
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán estrea 'Xantar na Casa', servizo de comida a domicilio dirixido a...

    Nigrán estrea ‘Xantar na Casa’, servizo de comida a domicilio dirixido a persoas maiores, dependentes ou en risco de exclusión

    Un día á semana entréganse no fogar do usuario os 7 menús da semana listos para quentar no microondas, tendo un custe de 1,76 € para o beneficiario ao ser un programa subvencionado polo Concello e a Xunta de Galicia

    O Concello de Nigrán estreará na comarca do Val Miñor nas vindeiras semanas o programa ‘Xantar na Casa’, un servizo de comida a domicilio destinado a garantir unha alimentación saudable a persoas maiores de 60 anos, dependentes ou en risco de exclusión social e para o que xa está aberto o prazo de solicitude. O obxectivo final desta iniciativa enmarcada no programa municipal ‘Un Nigrán para todos’ é aumentar a calidade de vida destas persoas con problemas de automomía, tendo un custe simbólico para o beneficiario de 1,76 € por menú (Concello e Xunta aportan o resto ata 6,60 €). As persoas interesadas que cumpran estes requerimentos (maiores e/ou dependentes ou en risco de exclusión social) poden solicitar información e inscribirse a través do 660 083 984 de 10:00 a 14:00 horas ou no correo electrónico bibiana.peixoto@nigran.org

    Un día á semana as persoas beneficiarias deste programa do Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e Benestar reciben no propio domicilio 7 bandexas cos menús correspondentes listos para quecer no microondas e con todas as garantías sanitarias (inclúen pan, primeiro plato, segundo e sobremesa).

    Os menús son completos e equilibrados, correctamente condimentados e cunha boa presentación, variados e adaptables ás necesidades das persoas beneficiarias, os seus gustos e hábitos, así como á gastronomía local e á época do ano (trátase dunha dieta basal de 630-840 Kcal., o que supón o 35 % do volume enerxético diario total, que no caso dos anciáns oscila entre 1.800 e 2.400 Kcal). Desde ‘Xantar na Casa’ procuran especialmente o uso de produtos de orixe, elaboración ou transformación galega.

    “Entréganse menús saudables listos para consumir que aumentan á calidade de vida das persoas dependentes e tamén a das súas familias, xa que facilitan a conciliación”, sinala o alcalde, Juan González, quen destaca o caso de moitos maiores que viven sos, especialmente do rural, e que non teñen a capacidade de ir a mercar os alimentos e poñerse despois a cociñar.

    “Moitos desexan manter a independencia de vivir nos seus propios fogares e, sen dúbida, este programa é dunha gran axuda”, engade Bibiana Peixoto, edil de Asuntos Sociais, quen subliña ademais o escasísimo custe económico que supón para o beneficiario. Ademais, ao comezo do servizo comprobaráse que as persoas beneficiarias dispoñan de microondas, frigorífico, enxoval e calquera elemento preciso para a preparación e inxesta dos xantares, no caso de carecer de electrodomésticos poñeráse a súa disposición un microondas e/ou frigorífico en réxime de depósito.

    Desde unha perspectiva integral, ‘Xantar na Casa’ pode complementar ao servizo de axuda o fogar permitindo manter ao máximo a propia capacidade de independencia e autonomía e posibilitando a permanencia nos seus propios fogares nunhas condicións aceptables, evitando o desarraigo ou retardando posibles institucionalizacións.

    “En definitiva, damos un paso máis no noso proxecto ‘Un Nigrán para todos’ , neste caso dirixido á facilitar a automonía persoal ao tempo que garantimos unha alimentación saudable”, resume o rexedor.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS