Tal e como xa anunciara o Concello, o programa #MestredeObra de Sistema Lupo tamén deseñará un bosque-escola para o CEIP Carlos Casares de Vilariño, tal e como demanda desde hai anos a comunidade educativa. Neste caso, trátase de integrar unha parcela municipal lindeira de 2.000 metros cadrados (separada físicamente por un muro e alambrada) e que no 2018 o Concello bautizou como 'Souto Casares' tras realizar unha plantación na que participou todo o colexio e os dous fillos do escritor.
Esta fin de semana pasada celebráronse en Santiago de Compostela os Campionatos de España das categorías escolar, cadete e sub 23. O Club de Loita Sabarís desprazou a oito deportistas.
O Concello de Nigrán cubrirá neste ano as necesidades de abastecemento da parroquia de Camos mediante a ampliación que se está a realizar nos barrios de O Xuncido, Balinfra, Rial e A Cruz e a próxima contratación para cubrir O Carballal e A Tarela (Camos e Nigrán, respectivamente)
O PP de Nigrán mostra a súa indignación pola recente aprobación dun decreto por parte do goberno local onde concede unha prórroga de execución ao proxecto de construción da nova biblioteca, máis aló mesmo dos 5 meses marcados no proxecto.
A apertura da tenda de Lidl na rúa As Pontes de Nigrán, xunto ao Centro de Negocios e a gasolineira, suporá a primeira incursión da cadea na comarca do Val Miñor. A previsión é que este establecemento, no que traballarán unha vintena de persoas, comece a funcionar durante o outono de 2021.
O Concello de Nigrán reiterará oficialmente ante a Consellería de Educación a súa petición de desafección da vivenda dos mestres de Camos (en Balinfra, número 45) ao poder acreditar documentalmente que está deshabitada e en estado de abandono
O Concello de Nigrán continúa coa súa campaña para promover o comercio de proximidade entre a veciñanza apostando novamente nesta semana Santa pola compra de Pascua nas panadarías do municipio, todas elas con longa tradición na elaboración de roscas e listas para recibir encargos.
O Concello de Nigrán renovou esta semana as canastras das pistas deportivas de Gaifar, situado en Panxón, e os aros e redes das situadas na Carrasca, en Parada, cun investimento total de 2.600 €.
O Concello de Nigrán ven de revisar os criterios para tramitar á conexión ao abastecemento ou saneamento municipal co fin de garantir este dereito tamén as vivendas en proceso de regularización.
Concello de Nigrán e Discamino volveron a aliarse esta tarde para ofrecer, por vez primeira, un paseo en bicicleta adaptada aos maiores do centro municipal de atención a persoas con enfermidades neurodexenerativas, en Panxón.
O Concello de Nigrán e o Cine Club Val Miñor Alice Guy retoman este xoves ás 19:30 horas no Auditorio Municipal a película ‘Las Niñas’, dirixida por Pilar Palomero e recentemente galardoada co Premio Goya á Mellor Película, Mellor dirección Novel, Mellor Guion Orixinal e Mellor Fotografía.
O Concello de Nigrán prorrogará desde o 27 de marzo ao 30 de setembro de 2021 o bando de urxencia que regula o aparcamento de caravanas nas zonas de praia do municipio co fin de garantir os dereitos dos caravanistas a aparcar (non acampar) e dos demais visitantes que acuden en turismos.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.