O Concello de Nigrán repite este ano a campaña de Nadal "Agasallos de Corazón", destinada ao Banco Municipal de Xoguetes para repartir durante todo o ano entre familias usuarias dos Servizos Sociais.
O Concello de Nigrán busca protagonistas para a vindeira campaña de Nadal de promoción do comercio local que realiza cada ano xunto a asociación de empresarios Ovalmi.
O Concello de Nigrán ofrece este domingo 12 de novembro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal a obra 'Camiños e Carreiros' da compañía coruñesa Andaravía Teatro, función encadrada no circuito galego de teatro amador 2023. A entrada é de balde ata completarse o aforo.
A Escola de Música da Agrupación Musical Santiago de Parada do Concello de Nigrán, pensando na conciliación familiar das familias do concello, fai un campamento musical para o xoves 7 de decembro no horario de 09:00 a 14:00 horas, día non lectivo nos colexios coincidindo na ponte de decembro.
O Concello de Nigrán acolle do 9 ao 11 de novembro, no Auditorio Municipal, a 130 psicólogos de toda España para abordar o tema de 'A Morte' e todas as súas implicacións emocionais.
O Concello de Nigrán estrea a súa primeira liña de axudas aos cemiterios de propiedade veciñal coa apertura hoxe do prazo de solicitude, feito que coincide tamén coas subvencións municipais ás comunidades de augas coas que o Concello xa leva anos colaborando.
O faro de Canido (Nigrán) lucirá totalmente renovado nos vindeiros meses tras décadas de abandono. O Concello de Nigrán vén de aprobar o seu proxecto de rehabilitación tras obter o visto bo da Autoridade Portuaria e realizar a pasada semana a correspondente consignación orzamentaria.
O goberno de Nigrán aprobou no Pleno extraordinario de onte restablecer o 0,6 % de coeficiente do IBI urbano que rexeu ata 2016 co fin de manter o equilibrio orzamentario.
O Concello de Nigrán ofrece unha excursión a Fátima (na zona central de Portugal) a fin de semana do sábado e domingo 18 e 19 de novembro cun prezo de 120 €/persoa que inclúe aloxamento en réxime de pensión completa, transporte en autocar, entradas e guía acompañante.
O Concello de Nigrán continúa co seu clásico 'Outono de teatro' este domingo 5 de novembro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal coa compañía coruñesa Farándula Velutina presentando a comedia para todos os públicos 'Sincronizadas'.
Concello de Nigrán e Aqualia fixeron pública a relación de gañadores do Concurso Dixital Infantil que este ano se convocou baixo o tema "Aqual e ODS6, Aquaventura coa Cuadrilla Sostible", en torno ao site www.aqualiayods6.com.
O goberno de Nigrán aprobou no Pleno ordinario os plegos que rexerán a vindeira contratación do servizo de recollida de residuos, limpeza viaria e praias do municipio. A cuestión, que contou co voto en contra do PP e abstención do BNG, outorga luz verde a súa publicación no perfil do contratante e no Diario Oficial da Unión Europea.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.