10.4 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán apraza novamente o 'Solpor Monteferro' e o monólogo lírico de Zapata...

    Nigrán apraza novamente o ‘Solpor Monteferro’ e o monólogo lírico de Zapata ante a previsión de choiva nestes días

    O primeiro pasará ao 16 e 17 de agosto e o segundo para o 4 de setembro, en ambos casos se abrirán máis adiante periodo de inscrición

    O Concello de Nigrán, ante a previsión de choiva, vese na obriga de adiar novamente o festival ‘Solpor Monteferro’ previsto para este xoves 22 e venres 23 e o concerto do tenor José Manuel Zapata programado este sábado 24 no CPI Arquitecto Palacios. O primeiro trasladarase para o 16 e 17 de agosto e o segundo para o 4 de setembro. En ambos casos o Concello anunciará máis adiante a apertura dun novo prazo de inscrición ao ser un aforo limitado con entrada de balde.

    “Trátase de dous eventos con aforo entre as 200 e 500 persoas e non podemos trasladalo ao interior por motivos sanitarios pero tamén porque perderían toda a súa esencia”, explica o alcalde, Juan González, quen considera que debido ao segundo adiamente do Solpor e a que Zapata pasará a setembro, o convinte é abrir novas inscricións xa preto da data.

    En principio, o Concello si mantén as festas de Santiago de Parada esta fin de semana a través do seu programa municipal #MúsicaNasParroquias e o concerto da Banda de Música o domingo 25 de xullo ás 20:00 na Alameda de San Campio e ‘El azote de los vagos’ ás 22:00 horas con motivo da festividade de Galicia e de San Campio de Lonxe.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.