Venres, 2 Maio de 2025

Nigrán

Nigrán agasalla con cestas de Nadal aos voluntarios

O Concello de Nigrán entregou un ano máis as tradicionais cestas de Nadal ao grupo de voluntariado do Roupeiro Municipal, Banco de Alimentos, eliminación de velutinas (Jesús Barros), aos profesor do obradoiro de informática para maiores, monitora de manexo de teléfonos móbiles e ao voluntario de colonias felinas.

O Concello de Nigrán agradece a gran solidariedade do CPI Arquitecto Palacios

O alcalde de Nigrán, Juan González, e a edil de Educación, Estela Pérez, acudiron esta semana ao CPI Arquitecto Palacios de Panxón para agradecer persoalmente a achega de alimentos e vales realizada polo centro educativo ao Concello.

Nigrán proxecta hoxe o filme ‘El origen de los guardianes’

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de Nadal, proxecta hoxe, martes 26 de decembro, ás 18:00 horas no auditorio municipal a película de animación 'El origen de los guardianes' (2012).

Desfile de rondallas, o domingo, en Nigrán

O Concello de Nigrán e o Centro Cultural Parada do Miñor ofrecen este sábado o tradicional pasarrúas de Nadal polo municipio.

A Deputación impulsa as zonas verdes investindo no Parque da Ramallosa de Nigrán

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o alcalde de Nigrán, Juan González, asinaron este xoves un convenio de colaboración enmarcado no Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030 (PON2030).

Nigrán abre mañá o prazo de inscrición para a excursión a Perlim

O Concello de Nigrán ofrece un ano máis unha excursión ao parque temático de Nadal máis grande de Portugal, Perlim, o mércores 27 de decembro e a un prezo popular.

Nigrán presenta este mércores o libro ‘El despertar de la reina de piedra’

O Concello de Nigrán ofrece este mércores 20 de decembro ás 20:00 horas na Biblioteca Municipal a presentación da novela 'O espertar da raíña de pedra', da veciña do municipio J. R. Morrigan.

Obradoiro de percusión africana en Nigrán para despedir o ano

O vindeiro sábado, 30 de decembro, realizarase en Nigrán un obradoiro de percusión africana impartido por Andrés Rivero e organizado pola Escola de Música Municipal, en colaboración co Concello.

Nigrán ofrece este domingo o IV Certame de Rondallas

O Concello de Nigrán e o Centro Cultural Parada do Miñor ofrecen este domingo 17 de decembro desde as 10:30 horas na Alameda de A Ramallosa o IV Certame de Rondallas.

Usuarios do centro municipal de enfermidades neurodexenerativas acude a unhas xornadas no CEIP Humberto Juanes

O CEIP Humberto Juanes acolleu esta semana un encontro interxeneracional facilitado desde o Concello de Nigrán ante o interese da comunidade educativa por realizalo.

Nigrán ofrece este sábado un contacontos en inglés

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación de Nadal, ofrece o sábado 16 de decembro no Auditorio Municipal o contacontos en inglés 'Santa´s Elves', a cargo de Kids&U e con dous pases, matinal ás 11:00 horas e vespertino ás 17:00 horas.

Nigrán ofrece este sábado o concerto de Nadal da Coral Novos Aires

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 16 de decembro ás 19:30 horas no Auditorio Municipal o concerto de Nadal da Coral Novos Aires de Nigrán e do grupo de cordas e voz Son do Val.