Domingo, 6 Xullo de 2025

Nigrán

O Concello de Nigrán ofrece o mércores un roteiro polo camiño portugués pola costa

O Concello de Nigrán continúa este mércores 17 de agosto coas súas andainas da programación de verán cun roteiro pola variante litoral do Camiño Portugués pola Costa.

«Galicia Ilusiona», Festival Mundial de Ilusionismo, chega este luns a Nigrán da man do ‘Mago Paco’

O Festival Mundial de Ilusionismo 'Galicia Ilusiona' chega este luns 15 de agosto a Nigrán da man do Mago Paco ás 20:00 horas no auditorio ao aire libre do esteiro de A Foz. Este é un dos magos favoritos dos máis pequenos porque é especialista en maxia infantil.

Regresa a popular baixada de ‘Carros de Bolas’ de Camos

Os verdadeiros 'autos locos' regresan este luns 15 de agosto a Camos para deixar imaxes delirantes nesta parroquia que se pode considerar o auténtico berce do deporte en Galicia.

A Ramallosa acolle este domingo a feira de oportunidades ‘Portobelo’

O Concello de Nigrán colabora un ano máis coa asociación de empresarios 'Ovalmi' na organización da feira de oportunidades 'Portobelo' este domingo 14 de agosto na alameda de A Ramallosa.

A mancomunidade clausura o obradoiro ‘Pedras do Miñor’

O alcalde de Nigrán e presidente actual da Mancomunidade do Val Miñor, Juan González, clausurou esta mañá o obradoiro de albanelería e cantería 'Pedras do Miñor' no barrio de Sancho (Panxón) onde, entre outros lugares da comarca, os 16 alumnos-traballadores rehabilitaron a fonte, o lavadoiro e a súa contorna como parte da formación.

Un total de 655 atletas disputarán este sábado a carreira ‘XI Nigrán Area’

Un total de 655 atletas disputarán este sábado 13 de agosto a 11 edición da 'Nigrán Area', carreira popular de atletismo pola praia que é xa un referente da programación estival e deportiva na comarca.

Nigrán ofrece este xoves o monólogo ‘Outra Movida’

O Concello de Nigrán ofrece este xoves 11 de agosto ás 21:00 horas na Praza do Concello o monólogo 'Outra Movida' do cómico Oswaldo Digón e como parte do programa da Xunta 'Cultura no Camiño'.

O Concello de Nigrán ampliará a súa aposta polos hortos comunitarios

O Concello de Nigrán redoblará a súa aposta polos hortos comunitarios habilitando este setembro un novo no parque Vázquez Grela (Nigrán). O obxectivo é que sirva como ampliación e complemento ao creado na Ramallosa o pasado mes de abril.

Nigrán colabora co Centro Cultural ‘Bolos da Carrasca’ na súa semana cultural

O Concello de Nigrán colabora co Centro Cultural e Deportivo 'Bolos da Carrasca' para organizar a súa 'XXVII Semana Cultural' que arranca mañá martes e que ten o seu día grande o venres 12 de agosto coa festa dos ovos con chourizo.

Nigrán proxecta mañá a película ‘Live is Life. La Gran Aventura’

O Concello de Nigrán continúa este martes 9 de agosto co seu ciclo de cine de verán coa película familiar 'Live is Life. La Gran Aventura' de Dani de la Torre ás 22:30 horas na Praza do Concello.

Nigrán ofrece en Patos o martes unha nova sesión de ‘Ioga e meditación no Solpor’

A maxia da praia de Patos para acadar unha paz espiritual e física regresa este martes 9 de agosto ao areal a partir das 20:30 horas nunha nova sesión de 'Ioga e meditación no Solpor' a cargo do gran mestre internacional Madhana, pioneiro nesta disciplina en España, introductor en Galicia e fundador e director do Centro Sananda en Vigo.

Nigrán informa aos veciños da Carrasca que poden solicitar a conexión ao saneamento

O Concello de Nigrán informa que a veciñanza do barrio de A Carrasca (Parada) pode solicitar xa a conexión á nova rede de saneamento e abastecemento.