Mércores, 9 Xullo de 2025

Nigrán

Aberto o prazo de inscrición na XIII edición Costa Serena

Xa está aberto o prazo de inscrición da XIII edición da Travesía a nado Costa Serena-Gran Premio Concello de Nigrán, que se celebrará o 2 de xullo en Praia América. A organización espera reunir a un total de 500 nadadores nacionais e estranxeiros, nenos e adultos, nos cinco percorridos que se disputarán.

Rematados os traballos de diagnose do Templo Votico de Panxón, que rehabilitarase este ano

A Xunta de Galicia culminou os traballos de análise e diagnose das patoloxías presentes no Templo Votivo de Panxón, o que permitirá contratar as obras de rehabilitación este ano.

Os monólogos de Cristina Maró e Sergio Pazos pechan este venres o ciclo ‘Un ano de humor’ de Nigrán

O Concello de Nigrán pecha este venres 28 de Abril ás 20:00 horas no Auditorio Municipal o seu ciclo ‘Un ano de humor’ cos monólogos do humorista Sergio Pazos e a actriz e directora Cristina Maró, ambos de balde e con entrada libre ata completar o aforo do auditorio.

Vegalsa-Eroski e AMICOS, xuntos na limpeza dun areal nigranés

No marco do convenio de colaboración que manteñen a compañía galega de distribución alimentaria e a entidade de apoio a persoas con discapacidade intelectual, realizarán hoxe unha xornada de limpeza na praia da Madorra, en Nigrán.

O Templo Votivo de Panxón, primeiro escenario do ciclo Música no Ar

Tiro de saída a unha nova edición do programa cultural “Música no Ar” da Deputación de Pontevedra, que espallará a música de cámara ata o 10 de setembro por toda a provincia.

Nigrán ofrece cinco contacontos ata o mes de outubro

O Concello de Nigrán ofrece desde hoxe ao mes de outubro cinco contacontos infantís na Biblioteca Municipal encadrados no programa de animación á lectura 'Ler Conta Moito'.

Nigrán ofrece este sábado un concerto de piano

O Concello de Nigrán ofrece este sábado de 18:00 a 20:00 horas no Auditorio Municipal o concerto das pianistas da comarca Noemí Rodríguez (18 anos, Vigo) e Iria Pérez (19 anos, Nigrán), que tocarán pezas de Mozart, Chopin, Beethoven e Bach.

Nigrán adquire composteiros para repartir entre a veciñanza

O Concello de Nigrán ven de adquirir 200 novos composteiros individuais para repartir gratuitamente entre a veciñanza que o solicite no mail [email protected] ou no teléfono 986365000.

Gran festexo en Nigrán co motivo do Día do Libro

O Concello de Nigrán celebrará este ano o ‘Día do Libro’ cunha gran xornada festiva durante todo o domingo 23 de abril na Praza do Concello.

Lucenza – Ateneo de Nigrán denuncia o impacto paisaxístico dos grandes anuncios publicitarios

O Ateneo de Nigrán valora positivamente a nova aportación creativa da muralista miñorana Lula Goce na mellora da contorna urbana da piscina pública da Ramallosa, que saca da marxinación na que se encontraba unha parcela propiedade do Concello de Nigrán.

Nigrán estrea un gran mural na Ramallosa

A desbordante beleza da ‘Dona do Esteiro’ asolaga xa o núcleo urbano da Ramallosa ata convertelo nun lugar irrecoñecible.

Nigrán ofrece unha excursión á Illa de Tambo

O Concello de Nigrán, dentro do seu programa de turismo social para a veciñanza xubilada, abre a inscrición este mércores 19 e xoves 20 de abril de 9:00 a 12:00 no Pavillón de Panxón para asistir a unha excursión á illa de Tambo o mércores 26 de abril.